Vida equilibrada
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de febrero de 2021
O Universo mantense en equilibrio grazas a que unhas forzas se combinan con outras de forma
moi sabia sostidas pola Sabedoría Divina.
Pero o planeta terra, onde habitamos os humanos, está sufrindo desequilibrios importantes porque os humanos non respectamos as súas leis naturais.
Empezamos por non respectar a vida en tódalas súas formas:
Pensamos que somos os amos do mundo e o que verdadeiramente somos é administradores deste mundo por un período moi corto de vida.
E somos os administradores dentro duns límites porque, querendo ou non, a nosa natureza é moi limitada.
Non respectamos a vida animal porque moitas veces invadimos os seus espazos vitais.
Por eso cando a nós nos confinaron os animais trataban de recuperar os seus espazos por terra, mar e aire.
Nin tampouco respectamos a vida vexetal: talamos árbores, invadimos costas, creamos productos híbridos, producimos incendios intencionados, etc; sen dármonos conta que estamos destruíndo o equilibrio natural.
E, por se esto fora pouco, ata xogamos coa nosa propia raza; a raza humana:
Limitamos os nacementos ó noso antollo
Suprimimos os que vemos que non van ser rentables para unha sociedade tan "avanzada".
Ingresamos en gardeirías infantís ás criaturiñas recén nacidas.
Mandámolas a actividades extra-escolares para que nos deixen tempo libre...
E cando nos dámos conta: FÓRONSENOS DAS MANS
¿QUÉ DISFRUTAMOS DAS NOSAS CRIATURAS, QUE LLES ENSINAMOS?
¿Só a traballar e a divertírmonos?
E cos enfermos e os anciáns facemos outro tanto: hospitais abarrotados, xeriátricos abarrotados...
¿QUÉ ENTEDEMOS POR CALIDADE DE VIDA?
Así pasa unha xeración, outra e outra
.
Así é como se desequilibra a vida.
Así é como perdemos valores.
Así é como construímos ese mundo que, en teoría, queremos que sexa feliz para todos.
E por se todo esto fora pouco: aparécenos unha pandemia que está poñendo todo "patas arriba" e vémonos desbordados e non sabemos como atallar tanto mal.
CANDO A SOBERBIA COLECTIVA SE NOS SOBE Á CABEZA, A REALIDADE DINOS QUE TEMOS QUE "POÑER OS PÉS NA TERRA" e deixar para os que veñan detrás un exemplo a seguir.
Estamos pasando unha etapa dura, moi dura e aínda non se sabe o dura que será nin canto durará; pero:
-SAIREMOS A FLOTE, AÍNDA QUE TEÑAMOS QUE EMPEZAR DE NOVO.
¡EMPEZAREMOS DE NOVO, SE FORA PRECISO..!
E os artífices de todo eso somos os humanos, somos nós mesmos.
TEREMOS QUE COMPAXINAR OS VALORES MORAIS E RELIXIOSOS DA VELLA EUROPA COS AVANCES DA CIENCIA E A GLOBALIZACIÓN:
Administrando a parcela que nos toca con moito amor ó Creador e tódalas súas criaturas.
APRENDENDO A DISFRUTAR DA VIDA COMO DO MELLOR DOS REGALOS A AGRADECER:
-Agradecer a maravilla de despertar cada día con vida.
-Agradecer o amor das persoas que forman parte da nosa vida.
-Agradecer tantas e tantas maravillas que nos presenta a Creación.
-Agradecer os días soleados e tamén dos nublados; todos cumpren a súa misión natural.
-Agradecer a fartura e a estreitura porque son complementarias.
-Agradecer o mellor e o peor de cada situación ou vivencia.
-Agradecer os avances da ciencia e a entrega dos científicos que a fan posible.
-Agradecer o perdón e a capacidade para perdoarnos e retomar unha vida nova.
-E se somos crentes: saberse queridos pola Providencia Divina, que é a única que non ten data de caducidade.
E confiar.
CONFIAR
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora