Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Realmente avanzamos?

miércoles, 03 de febrero de 2021
Refírome ao tema recorrente da pandemia, do Covid 19 ou SARS se o queren chamar así. Levamos case un ano mergullados neste pesadelo e ao día de hoxe, metidos de cheo na que chaman terceira ola, semella que case estamos no punto de partida. Non hai máis que ver os "partes de guerra" que nos pasan a diario e que non axudan nada a alimentar o optimismo e a confianza cara á procura de solucionar isto coa solvencia desexada poñendo os medios precisos ao noso alcance.

Teño diante de min unha páxina do Boletín Oficial de Burgos do ano 1918 no que se recoñece a presenza dunha epidemia de gripe e dada a súa rapidísima propagación ¿Realmente avanzamos?danse unha serie de recomendacións para mitigar a súa expansión, entre elas a de non celebrar festas nin reunións co gallo de que a xente non se aglomere. E máis adiante di o seguinte: "A infección propágase por pingas de saliva que despiden os que falan e tosen á nosa beira. Deben absterse de permanecer en locais pechados, mal ventilados onde xúntase moita xente como tabernas, cafés, etc. Que se extreme a limpeza das casas e que estean abertas as ventás. Mellor é estar ao aire libre o maior tempo posible, ter moita limpeza da boca e seguir as recomendacións do médico". Suxestións feitas hai máis de cen anos diante dunha devastadora pandemia responsable de millóns de baixas: ¿a que lles soa todo isto? Vexan como a penas cambiaron os consellos e o mesmo que outrora hoxe recórrese á responsabilidade da cidadanía para que segan unhas normas hixiénicas a falta de medicamentos efectivos. Con todo só semella haber unha evidencia que non é nin máis nin menos que a inmunidade colectiva e esta acádase superando "motu propio" o ataque do virus (no caso do covid-19 os especialistas non son unánimes) ou recorrendo á vacina. Hoxe, coas presas requiridas, xa dispoñemos de vacinas e tan só queda que toda a poboación poida acceder a elas e que por suposto se certifique a súa efectividade (iso xa se verá co tempo).

Mentres continuaremos a velas vir seguindo o sistema do fol do acordeón: abrímolo collendo aire cando vemos mellorar as cousas e pechámolo cando veñan peor dadas, pero este sistema de abrir e pechar xa sabemos ao que nos leva: un tempo de apertura condúcenos inexorablemente a un aumento de contaxios. Éche o que hai e tan só quédanos a esperanza das vacinas, das que xa están en circulación e as que están por vir. ¡Pero vacinas para todos eh! que xa hai quen se quixo colar con medio billete. ¡Moito sentidiño!
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES