Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cazador de foraxidos / A historia é dos Podentes

jueves, 04 de febrero de 2021
Cazador de foraxidos
Espertoume o móbil ás sete da mañá para iniciar un novo día na caza de foraxidos. Xa sabedes que o concello de Baños de Molgas me contratou para facer de investigador privado ou detective barato, que vén a ser o mesmo que ser un cazador de foraxidos. E hai uns días que se sabe dunha partida de malfeitores, de delincuentes que andan a agocharse polos montes de Pinouzos e do Medo. Ó mesmo tempo que almorzaba unha cunca de leite con migas de pan, limpei e carguei a miña Magnum por se aquel. Non son Pingas de Orballo: Cazador de foraxidos / A historia é dos Podentespartidario das armas, pero eses malnacidos seica non tiñan boa fama. E eu de parvo non teño nin un pelo, que tamén é o mesmo que dicir que vale máis previr que curar, non si?
Na carreira das Lamas xa me atopei cun bandoleiro e como se me repuxo descargueille dous tiros sen que a conciencia me dese nin un chío. A min con esas fanfurriñas non me entra ninguén, eh. Seguín logo camiño de Pinouzos e xusto ó cruzar o río Arnoia, entre unhas silveiras da Porfía, oín coma un ruxerruxe que xa me fixo manter os seis sentidos á espreita (os cinco que coñecedes máis o outro, o da intuición, que para algo presumo de investigador ou detective) e non tardei en descubrir a dous que, tamén, como empezaron a dispararme, respondín, claro. Xa digo que non son parvo.
Quedaba un. Avisteino nun outeiro de Sudalomba, xa no Medo, e detrás dunha toxeira. Tampouco quixo entrar en razoamentos. Non me quedou outra que facer uso da Magnum. Cando cheguei a Baños de Molgas, outra placa conmemorativa. Onde se viu outra que recompensen a un por matar!

A historia é dos Podentes
Na noite do 14 ó 15 de abril de 1912 fundiuse o Titanic ó chocar contra un iceberg. Na noite do 14 ó 15 de abril ese mastodonte afundiu en menos de tres horas e levou consigo para as profundidades do océano Atlántico a 1513 persoas. Bastantes desas Pingas de Orballo: Cazador de foraxidos / A historia é dos Podentesvítimas eran ricachóns e importantes personalidades que realizaban unha viaxe de pracer.
Entre todas as noites dos dez primeiros meses de 2020, do ano pasado, o mar Mediterráneo tragou a 945 persoas inmigrantes. Negros, claro. Africanos, por suposto. Pobres, que dicir. Só en dez meses. E mirade que levamos anos co problema da inmigración.
O afundimento do Titanic deixou e aínda deixa ríos de tinta. E películas. E programas radiofónicos. E libros. Os mortos no Mediterráneo deixaron, como moito, a maldita imaxe aquela do neno kurdo Aylan Kurdi que asomou afogado a unha praia de Turquía e con tan só tres aniños de idade. Seica removeu a conciencia de Europa. Pero todo o que se remexe acaba calmando. Detrás da tempestade chega a calma.
Tanto as 1513 vítimas do Titanic coma os milleiros de inmigrantes afogados no Mediterráneo son, en definitiva, persoas. Pero iso é un dicir; xa que unhas son máis persoas que outras. Unhas encherán memorias e diarios e pantallas e libros e revistas, mentres que as outras furgarán de cando en vez nas conciencias dalgúns pamemiños que pensamos que ante estas denuncias imos arranxar o mundo. A historia é dos podentes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES