Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: No descanso do Guerreiro

miércoles, 03 de febrero de 2021
Esperta, dicía Miguel Ríos, e eu xa hai un bo cacho que estou esperto. Tamén me gusta soñar esperto. E dar longos paseos. E contemplar o universo. Cando toca, escoito o fado "Vida vivida", de Argentina Santos, mentres penso naquel vestido roxo que se bambeaba ó vento, ou mentres asimilo que o universo é infinito. Quere chover pero aínda non chove. Quero asubiar pero non atopo o tema musical concreto. Tampouco se Pingas de Orballo: No descanso do Guerreiropode asubiar a vulto, de calquera xeito. Cando non asubío remoio o silencio. O silencio é bonito... en calquera circunstancia. O silencio é un amigo. O silencio é un espello que te deixa mirar o que se reflicte nel. Aínda que se encha de bafo.
Quero saír a pasear, pero aínda estou traballando. Será no descanso do guerreiro cando a ansiedade se consagre a uns pasos na procura dun sorriso primaveral. A tarde está primaveral, aínda que queira chover. Sempre haberá momentos nos que un latexo, unha palpitación esperte as ansias de atopar o que se anda buscando. Todo nesta vida é unha busca continua... aínda que sexa en silencio. No descanso do guerreiro pode rebentar a estrela máis grande do universo.
Queda pouco para rematar o traballo e recoller; para iniciar o descanso do guerreiro e deixar que a batalla quede tan só entre catro versos escritos que se rimaron entre o ir e vir dun silencio que é amigo. No descanso do guerreiro non hai bombas nin receos, non hai mortes nin xenreiras; tan só navega en calma a Perla Negra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES