Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contos da miña lareira (19)

martes, 02 de febrero de 2021
XXXIII

Os netos de Caín

Contos da miña lareira (19)
¡Inzaron coma o xoio, e se iso pasou na miña parroquia, que viña de ter frades, dominicos, por máis datos, que non sería nas outras!

Aí tedes os nomes, así que o fotógrafo evitoume a molestia, ¡a dor, máis ben! de ter que teclealos. Só teño que engadir que, de ningún deles, nunca tiven malas referencias; antes ao contrario. Resístome a comenta-los feitos..., porque son, porque foron, dramáticos! ¿Quen os fusilou? ¡Quen ía ser: os netos de Caín!

-.-

XXXIV

A curva de Romeán


Ninguén dubida, é imposible facelo, da sacralizade das lareiras, pero tamén hai lugares no terráqueo que nos pasan desapercibidos, ou ignorados, e iso a pesares dos grandes servizos prestados á humanidade; tal é o caso da curva de Romeán, baixando de Paderne a Romeán, que o paso a referir pois igual son o único vivente que o sabe.

Eu, servidor, fixera con éxito o primeiro dos exames de ingreso no Banco, pero como me sentía esgotado, e o segundo aínda non fora convocado, metín os apuntes na maleta Contos da miña lareira (19)e..., tren en medio, ata o paraíso de Montecubeiro, que daquela estaba tan lonxe de Madrid como hoxe de Madrid á lúa. Anticiparon aqueles exames, os segundos, e eu recibín o telegrama de aviso..., a véspera!

Illado no meu monte dos soños, non tiven outra ocorrencia que tirar para Castroverde, onde Bonifacio (Bonifacio, "do Coche") tiña o único taxi da rodeada, pero estaba comendo no Pazo de Vilabade, así que, outra carreira pedestre! Bonifacio, un modelo de home, deixou o prato na mesa e meteume no seu coche; daquela non había cintos, pero díxome: -Ti, atrás, e se ventas perigo, déitate no asento, que imos correr canto dea de si este cacharro, para que chegues a tempo de coller o tren!

Pasado Paderne, díxome: -Se me oes desde aí..., que che vou contar o segredo meirande da miña vida, e como te vas para Madrid non hai perigo de que se saiba en Castroverde...

Seguiu relatando:

-Foi exactamente nesa curva que vén agora: Despois de poñerse coma cubas na taberna do Escardel fóronme buscar, pero non en liña recta… Levaban a camisa nova, bordada en rojo ayer..., e foron cantando iso de "...me hallará la muerte si me lleva...". ¡Era ao revés, pois a morte onde ía era nas súas pistolas, e tamén nos fusís que levaban aqueles malditos!

Un deles dixera, que lle oín ben: "Pagará a cea aquel que mate menos de tres!". ¡Así que era iso: ían a Lugo para facer unha saca, unha montería... humana, quitándoos da propia cárcere! De pronto soproume o Matamouros: "Agora que vén a curva grande, fai que tes unha avaría...!" E así o fixen: -Por que freas, por que paras", me preguntaron. -Freei co motor, que afrouxaron os freos, así que teño que aperta-las zapatas. Baixade un momentiño, por se non aguanta o gato e se nos vai o coche! ¡Nin gato nin gata, pero a gata funa eu, pois, desde que estiveron na cuneta, entrei dentro, eu só, e arranquei ao trote, que nin o cabalo do Matamouros! A curva impediulles facer puntería. E de chegado a Lugo, quedei a durmir nunha casa de confianza, onde me tiveron escondido oito ou dez días...

Neste punto pregunteille:

-Señor Bonifacio, e á volta, despois diso, que?

-¿A volta? ¡Á volta tiven que zurrarme con un deles, e menos mal que non estaban os compañeiros, así que lle fixen saltar dous ou tres dentes, e desde aquela tenme respecto. Pero ti, o dito, pois é un segredo de por vida. ¿Palabra?

-Xúrollo; e tamén por Santiago, polo noso Matamouros.

Agora, con tantos anos ao lombo, mortos Bonifacio e tamén aqueles fascistas, tan sedentos de sangue, se me fose posible poría un cruceiro na curva de Romeán, pero ao explicar os motivos vanse rir de min, pois ninguén cre que unha curva, salvo as das mulleres, salve vidas. Bonifacio polo medo, e os fascistas polo ridículo que fixeran, todos foron discretos, mudos, que se chega a saberse nas lareiras, daquela…, nin radio nacional!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES