Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡A calar!

martes, 26 de enero de 2021
Lin hai uns días, non recordo exactamente se foi na rede ou nalgún xornal, un comentario moi "douto" dun licenciado en medicina (reparen que no recorro ao mal usado cualificativo de doutor) dicindo que para chegar a onde chegou necesitou 15 ou 16 anos de estudo e isto xa que logo lle daba autoridade para facer calar aos demais, aos miñasxoias (isto engádoo eu) que non sabemos nada de nada e nos lanzamos ao mar proceloso sen flotador sen medo ao ridículo máis ostentoso. Non fai falta dicir que se refería ao asunto do covid 19 e das vacinas. Segundo a teses deste sabio licenciado os que están ao seu nivel sapientísimo son os autorizados a falar e os demais ¡a calar! E eu engado seguindo a súa teses: de onde ven o vento falarían os meteorólogos e o resto ¡a calar!, de barcos os enxeñeiros, do que nos esquilman as eléctricas don Felipe González e o señor Aznar... en fin.

Teño coñecido e tamén tratado a licenciados en medicina e noutras especialidades que non hai por onde collelos polo escaso contacto co mundo que lles rodea vivindo só ao abeiro das súas vaidades académicas.

Eu defendo a alternativa que todos temos á opinión. Podemos dicir o que pensamos a ser posible pensando o que dicimos. Si alguén comenta publicamente o que pensa sobre a xestión que as autoridades "estudiadas" e "competentes" están facendo sobre o control da pandemia ou sobre as dúbidas que poden existir na planificación na administración das vacinas, ou tamén no enorme negocio que algúns están a facer a conta de todo isto, expoñendo os seus receos, pois adiante sen que un "lumbreras" veña a emendar a plana dicindo que diso só poden falar os que pasaron 15 anos pola universidade.

A cidadanía ten dereito a unha información exhaustiva e cada un a ter criterio propio. Cada individuo en base a información acadada pode falar disto e do outro, crear debate e mesmo controversia pero non se lle pode quitar a voz meténdoo no saco dos ignorantes ou estúpidos por outro estúpido estudiado. Deixemos que a metodoloxía científica a usen os científicos e aos demais déixennos o lícito exercicio da opinión que como tal pode estar errada, claro, dependendo da calidade da información consultada.

Debemos seguir opinando, dicir o que pensamos sobre a pandemia, as vacinas, os políticos, o cambio climático, etc. e debatamos o que haxa que debater: unha sociedade sen opinión e sen criterio é moito máis fácil de manexar para satisfacción dos que nos manipulan... ¡Coidadiño!
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania