Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Unha estraña entre nós

martes, 26 de enero de 2021
Tiña pinta de cabaliño do demo, pero máis ben representaba unha musaraña gris. A verdade é que non sei o que era. Ó mellor ata era unha femia caída do espazo. Femia era porque tetas tiña. Ó seu arredor soaba Miles Davis. Sinceramente, non sabía de onde saía o jazz deste home. A femia esa estaba escondida detrás duns pallóns de millo Pingas de Orballo: Unha estraña entre nósdunha leira das Pedradarcas. Como non quería asustala, achegueime pasiño a pasiño e en silencio. Mirábame de esguello. Se é que me estaba mirando, porque eu realmente non lle vía os ollos. O único certo era que ela movía a cabeza seguindo a miña dirección. Non quixen moverme en zigzag para que non pensase se estaba algo tocado, ou sexa, algo bebido. Porque ela non sabía e non ten por que saber que eu son abstemio.
A uns dous metros desa cousa estraña (agora parecíame que tiña pinta de salamántiga, pero case representaba unha doniña) vin como se puña sobre as patas de atrás (tiña patas!) e noteille uns desexos enormes de choutar. Por se as moscas, recuei. Pero tan só un paso. Empeceille a falar nunha mestura de galego-castelán-portugués-inglés por aquilo de que como era estraña e como parecía unha cousa e semellaba outra, pois ó mellor tamén lle había que enredar as linguas. Eu cada vez estaba máis convencido de que era unha femia que viña de máis alá das estrelas. Como se me lera o pensamento, e sen contestar ó que eu lle falara (claro que ó mellor foi porque non entendeu nadiña do que lle dixera), empurrou sobre as patas traseiras e ascendeu ó ceos. Deixoume coa boca aberta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES