Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos unha fermosa muxica

miércoles, 27 de enero de 2021
Dicía Rosalía que a miúdo imos buscando o que aínda non hai. É verdade e nesa busca perdemos parte da vida. Jorge Bucay tamén ten un conto sobre un buscador pero neste caso, buscar era un xeito de vivir: un propósito. O propósito é necesario para decidir como imos a aproveitar a vida; pero, o certo é que o camiño da vida transcende moito ao propio propósito ata tal punto que é máis importante aproveitar a vida que cumprir o propósito.

A vida é unha muxica que xurde por casualidade e medra ata construír un legado. Cumprir o propósito debe ser parte da ledicia de vivir. Ante todo, queda esa muxica que é a alma e que sempre nos impulsará a seguir aínda que seguir signifique rectificar ou retroceder no noso camiño ou mesmo, mudar de propósito. A alma é o motor da vida e nela non collen escravitudes nin submisións de ningún tipo. Vivir é liberdade ou non é e a liberdade é decidir a onde vas, con que e ata onde en cada momento. A fidelidade ao propósito está ligada ao sentido que teña o mesmo para nós: se o propósito deixa de ter sentido en nós, a fidelidade tornase absurda e unha escura cadea que deterá o noso voar.

O propósito ten que ter sentido para nós e iso supón que sexa unha muxica constante que nos dote de forza para facer a vida. Senón é así, debémolo mudar sen medo a desfacernos do lastre da fidelidade. Mudar é ser libre, sabendo que só se vive unha vez e non paga a pena renunciar á vida por unha fidelidade. Mellor, seguir a nosa muxica e vivir nela ata o seu último raio de luz.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES