Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser é moito máis que ter

jueves, 21 de enero de 2021
Son moitas as persoas que empregan toda a vida en conseguir bens materiais para ter de todo e non sentir falta de nada ou incluso para ter máis que os demais: son as persoas egoístas, as que só pensan nelas mesmas.
Son moito menos numerosas as que se preocupan seriamente en ser persoas de ben, son as persoas altruístas.
As persoas altruístas, ademáis de ocuparse delas mesmas, ocúpanse tamén dos demais.
Eu quédome con estas últimas.

Certo que os bens materiais son necesarios.
Non hai nada malo en ter tantos bens materiais como se poidan sempre e cando non teñamos o noso corazón apegado a eles; sempre e cando non sexan un fin senón un medio para vivir dignamente e para compartir cos demais na medida das nosas posibilidades.

Os bens materiais, a beleza física e a elegancia non están reñidas coas outras cualidades que pode ter unha persoa.
Pero o que nunca se pode esquecer son as cualidades éticas, morais e espirituais, porque:
"Vale máis honra sen barcos que barcos sen honra".

Á hora de valorar unha persoa o primeiro que valoramos son: os valores éticos e morais que posúe porque unha persoa con bos valores éticos e morais tamén sabe como gañarse honradamente o pan de cada día.
É máis doado, con ser moi difícil, gañarse o pan material que o pan moral.

No mundo materialista e consumista que nos toca vivir dá a impresión que o importante é ter tantos cartos como se necesiten para adquirir un sen fin de cousas que nos ofrece o mercado.

Se non temos claro o que queremos, é moi doado caer na tentación de poñer o noso corazón nas cousas en lugar de poñelo nas persoas.
Preguntémonos:
¿Cantas criaturiñas hai que botan en falta que os seus pais lles dediquen tempo para disfrutar deles e para consultarlles problemas?
Moitas.
E os seus proxenitores pensando que o fan moi ben con vivir para traballar e para gañar cartos para poder compralles cousas; como se as criaturas non tiveran falta de afecto, conversación, de moito diálogo e de moi bos consellos.
E cando se dan conta: perderon de educar e disfrutar dos fillos porque valoraron máis o ter cousas que o ser bos pais de familia.

¿Cantos matrimonios se "van a pique" por non dedicarse tempo mutuamente?
Moitos.
Non se dan conta que o amor hai que regalo cada día para que medre e se renove:
Hai que dedicar tempo, hai que falar moito, hai que prestar atención ás necesidades do outro, hai que convivir, hai que estar.

Andando o tempo preguntaranse:
¿Fomos bos espòsos ou fomos hóspedes baixo un mesmo teito?
O SER ESTÁ POR ENCIMA DO TER.
Primeiro hai que ser e despois xa se terá o que boamente poida gañarse honradamente

E cando nos toque de partir, que nos vai a tocar a todos, o día menos pensado…
¿Qué levaremos con nós?
-NADA.

¿E que deixaremos?
-BOS OU MALOS RECORDOS.
-BOS OU MALOS EXEMPLOS.
-BOAS OU MALAS ACCIÓNS NO CORAZÓN DAS PERSOAS…

E o peor de todo esto é que as boas ou malas accións non caducan o día do noso finamento: quedan na xeración seguinte ou seguintes.
Cada xeración constrúe a súa vida sobre as anteriores:
Quen ten unha boa base, pode progresar adecuadamente sen grandes atrancos.
Quen parte dunha base de escasa calidade, ten que facer moito máis esforzo para superarse.
Así é como funcionan as persoas, as familias, os países e o mundo enteiro.
Debemos saber interpretar os signos dos tempos.

¿QUE NOS DI O PRESENTE?

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES