Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (5)

jueves, 21 de enero de 2021
Lenda sobre o Santuario da Virxe do Monte.
Este santuario está situado na freguesía de Santa María da Feira do Monte, arciprestado de Baroncelle, concello de Cospeito e diócese de Mondoñedo- O Ferrol.

Lenda sobre a Virxe e a Lagoa de Cospeito.
Entre as lendas populares referidas ás orixes das lagoas en Galicia, evocando a míticas cidades asolagadas, a de Cospeito vincúlase coa aparición da Virxe por estas Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (5)latitudes da Chaira lucense. Daquela a vila de Valverde ou Beria afundiríase nas augas, porque os seus habitantes non deran pousada a Nai de Deus. O relato tradicional, con versións distintas sobre o mesmo argumento, foi recollido por autores da talla do licenciado Bartolomé S. de Molina, frei Felipe de la Gándara, Manuel Murguía, Leandro Carré ou José María Castroviejo.

Unha das variantes da lenda cóntase do seguinte xeito:
"Onde se atopa a lagoa de Cospeito houbo hai moitos anos unha vila chamada Valverde. Os seus habitantes tiñan, en xeral, non poucas riquezas. Un bo día chegou á localidade un pobre e pediu pousada para pasar a noite. Como ninguén lle dese acubillo, saíu da vila e foi cara a unha casiña, situada no que hoxe é a Feira do Monte, onde vivía unha familia moi humilde, que non só o acolleu moi ben, senón que tamén compartiu co mendigo as poucas viandas que tiñan para cenar. Ó día seguinte, o pobre ergueuse cediño e chamou ó dono da casa para que muxise as vacas e, deste xeito, poder tomar un pouco de leite. O home da casa, estrañado pola petición insistente do mendigo, debido a que non tiña vacas, decidiu achegarse á corte, onde atopou unha gran cantidade de tenreiros e vacas, que case non collían no local. O home, abraiado mais asemade contento, volveu a casa para dar conta do suceso. Pero aquel pobre xa desaparecera. Ó mesmo tempo, o home puido contemplar como a vila de Valverde quedara asolagada e, ademais, como no cume dun outeiro, preto da súa casa, aparecía unha capela coa imaxe dunha Virxe no seu interior, que por encontrarse en tal lugar recibiu o nome da Virxe do Monte. E ó pouco deses sucesos moitos comentaban que aquel mendigo era a mesma Virxe Maria disfrazada".

Lenda sobre o Santuario da Virxe dos Remedios
Este santuario está emprazado na freguesía de San Salvador de Ladra, arciprestado de "A Terra Chá", municipio de Vilalba, e diócese de Mondoñedo-Ferrol.

O incendio que sufriu hai anos a capela antiga dos Remedios deu lugar a unha serie de comentarios e transmisións, que co tempo foise convertendo nunha lenda. Asi faise alusión "a que cando arderon os bancos da capela, o lume se detivo ao carón do altar, Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (5)quedando intactas as súas imaxes de devoción". Isto viuse dalgun xeito como sinal importante para fomentar e consolidar a fe dos numerosos devotos, que concurren a esta romaxe.

Dende unha óptica popular os feitos transcendentais ou milagres son o reflicte de entes suprafísicos e intanxibles, dotados dun poder extraordinario, aos que accede o ser humano non por unha vía racional senón por un acto de fe. Estes, logo de escoitar os lamentos e súplicas terrenais, encárganse de resolver as necesidades de distinta índole polas que pasa o ser humano ao longo da súa vida debido as súas carencias e deficiencias. "El santo hace milagros, porque es santo". Polo tanto, non resulta estraño pensar que o territorio de gracia ou a influencia dos santuarios esté ligadada a fama milagreira, que van acadando as súas imaxes de devoción. "La fe de que ciertos lugares son privilegiados por Dios o por los dioses en su actuar extraordinario es una realidad fundamental del hecho religioso en si mismo".

Así, o milagre pode chegar a ser a concreción positiva dun acto de fe polo que se relacionan o beneficiario dunha gracia e, ás veces, o inductor da invocación ao santo, que canaliza a concesión. Ademaís, a participación da entidade sacra nunha comunidade transmite santidade á totalidade da mesma.

Finalmente, o valor de conformidade destas lendas non podería ser discutido sen cuestionar o mesmo tempo acredibilidade da comunidade. "A comunidade convírtese en testemuña comprometida dunha verdade de fe local, particularizada".

Bibliografía:
BLANCO PRADO, José Manuel.: Religiosidad Popular en el Municipio de Begonte (Lugo), Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1993.
BLANCO PRADO, José Manuel.: Santuarios da Terra Chá (Lugo), Vilalba (Lugo): I.E.S. CHA. 2018.
CARRÉ ALVARELLOS, Leandro.: Las leyendas tradicionales gallegas. Madrid: Colección Austral. Espasa-Calpe, S.A, Madrid, 1977.
CEBRIÁN FRANCO, Juan José.: Guía parea visitar los Santuarios Marianos de Galicia. Vol. 2 de la Serie: "María en los pueblos de España". Ed. Encuentro, Madrid, 1989.
CUBA, X.R.; REIGOSA, A.: "Xeografía mítica da provincia de Lugo (I). Cen lugares con lenda", en Croa, nº8, 1998.
DE FRUTOS GARCÍA, Pedro.: Leyendas Gallegas (III), Madrid: El Caldero de Lug. Ed. Tres-Catorce-Diecisiete, 1981.
DÍEZ TABOADA, Juan María.: "La significación de los Santuarios", en La Religiosidad Popular. Vol. III. Hermandades, Romerías y Santuarios. Coordinadores: ÁLVAREZ SANTALÓ, C; BUXÓ, María Jesús; y RODRÍGUEZ BECERRA, S. Anthropos. Barcelona, 1989.
EQUIPO CHAIRA. CARNERO VÁZQUEZ, Mª Ofelia; CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro; REIGOSA CARREIRAS, Antonio; SALVADOR CASTAÑER, Mª de las Mercedes.: Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances, Lugo: Deputación Provincial, 1998.
EQUIPO CHAIRA.: Da fala dos brañegos. Literatura oral do Concello de Abadín, Lugo: Deputación Provincial, 2004.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Lendas Galegas de Tradición Oral, Vigo: Galaxia, 1983.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. ; MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Palabra "Lenda", en Diccionario de Etnografía e antropoloxía de Galiza, Nigratrea, Vigo, 2010.
LOUSA RODRÍGUEZ, Manoel.: O Santuario da Nosa Señora do Monte, Feira do Monte-Cospeito (Lugo): Servicio Publicacións Deputación Provincial de Lugo. 1996.
LLINARES, Mª del Mar.: Mouros, Ánimas, Demonios. El imaginario popular gallego, Madrid: Akal, 1990.
MIRANDA, Xosé.: Lendas e Contos. Cursillo dado no Cefore a finais da primeira década deste século sobre "Literatura Oral". Tamén interviron no mesmo: Xoan Ramiro Cuba, e Antonio Reigosa.
MUÑOZ FERNÁNDEZ, Angela.: "El milagro como testimonio histórico. Propuesta de una metodología para el estudio de la religiosidad popular", en La Religiosidad Popular. V.I. Antropología e Historia, Coordinadores: ÁLVAREZ SANTALÓ, C; BUXÓ, María Jesús; y RODRÍGUEZ BECERRA, S. Anthropos. Barcelona, 1989.
PEDROSA, José Manuel: La Leyenda. Tema 11. Alcalá de Henares. ISBN 84-9822-110-2.
REIGOSA CARREIRAS, Antonio.: A Ermida de San Nicolao da Torre (Vilalba). Lenda e Historia, en Croa nº 5, 1995, páx. 25.
RISCO, Vicente.: "Etnografía. Cultura Espiritual". En Historía de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo, t.I, Akal, Madrid, 1979, páx. 692.
TABOADA CHIVITE, Xesús.: Etnografía Galega. Cultura Espritual, Vigo: Galaxia, 1972, páxs. 182-183.
VELASCO, Honorario M.: "Las leyendas de hallazgos y de apariciones de imágenes. Un replanteamiento de la religiosidad popular como religiosidad local". En La Religiosidad popular. V. II. Vida y Muerte. La Imaginación Religiosa. Coordinadores: ÁLVAREZ SANTALÓ, C; BUXÓ, María Jesús; y RODRÍGUEZ BECERRA, S. Anthropos. Barcelona, 1989.
VIVEIRO VEIGA, Orlando.: "Camiño do San Roque da Costa", na Pena do Encanto, 2015, I.E.S.CH.A, 2015, Vilalba.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES