Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A arte da guerra

viernes, 22 de enero de 2021
A arte da guerra é moi sinxela, moi simple: matar. Matar e xa está. Ou en tal caso, destruír e matar. Pero sempre matar. Lanzamos bombas para matar. Disparamos para matar. Acoitelamos para matar. Empurramos para matar. Certo, hainos que teñen arte para matar. Estudan, observan, planean e matan. Con furia, con carraxe, con rabia e Pingas de Orballo: A arte da guerramatan. Con medo, con disimulo, con covardía, pero matan. E mata o listo e o burro. Mata o pobre e o rico. Mata o bo e o malo. Por matar, ata mata o silencio. E o ruído. Porque en todas as guerras hai moito ruído, pero tamén momentos de silencio. Ás veces, en pleno ruído, en pleno bombardeo escoitamos unha lágrima. Outras veces, no máis completo silencio estoura, rebenta un sentimento.
A arte da guerra escóndese debaixo dunhas nubes brancas que non tardan en volverse negra. E mísiles a todo velocidade rachan os ceos para facer cascallos toda unha vivenda, todo un barrio, media cidade. Aí, a arte da guerra, está no estoupido, na explosión, no zunido, na nube de po e merda e ruído e zunzún e máis po; e morte, moita morte. A arte da guerra, por veces, está nun simple botón que alguén preme cun sorriso nos beizos e cun certo brillo nos ollos. A arte da guerra está neses desfiles vitoriosos, neses saúdos patrioteiros e neses aleluias e vivas a esas accións que se levaron a cabo con moita arte. E con maior desexo.
Miro para o ceo, vexo pasar o mísil ou vexo caer a bomba e a arte rebenta en cores que se espallan, que se esparexen por quilómetros e quilómetros á redonda. A arte da guerra está no requiescat in pace dunha desolación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES