Pobres dos debedores
							Editorial - miércoles, 28 de mayo de 2008
							  	Os partidos tamén choran, podería dicirse parafraseando o título dun culebrón histórico, pero o certo é que os partidos políticos galegos teñen motivos de preocupación pola subida dos xuros dos bancos, na mesma medida que os bancos deben ter preocupación por cobrar as débedas que teñen as estructuras políticas do país que se sosteñen  suponse  coas cotas duna militancia sempre escasa.
	Os factores que inciden na nosa economía, sometida a todas as convulsións nacionais e internacionais, fan restrinxir os cretos, subir os xuros, baixar o consumo e outros moi diversos factores que se poden resumir a efectos de andar pola rúa en momentos difíciles nos que nos mergullamos no temor de que o tempo inmediato poida ser peor.
	Quen ten unha hipoteca, ten unha preocupación; quen ten un creto, ten un problema. Problema, o que ten o Bng, que adebeda ós bancos 3.713.600, o que tentando nunha calculadora normal traducir a pesetas da erro, pero que son máis de seiscentos millóns. O PSOE debe soamente 870.600. E o PP moito menos: 292.000. Pero, con todo, segue a ser unha cantidade respectable.	
Se ós particulares nos esixen bens para responder das débedas, ¿Con que responden os partidos políticos?. ¿Ou os bancos e caixas aplican diferentes raseiros para tratar ós clientes?.
Que o concello de Lugo deba quince millóns de Euros, vintedous o de Ferrol, ou setenta e nove o da Coruña, non  parece tan preocupante, porque teñen uns ingresos garantidos, bens propios e precisan endebedarse para facilitar mellores servizos ós administrados.
Pero o dos partidos políticos é preocupante. Especialmente o Bng. ¿E se en marzo deixa de estar no poder galego?. Claro que, ben visto o tema, quen ten que estar preocupado neste caso non é o grupo político en cuestión senón as entidades prestararias dos millonarios cretos.
							
							
Editorial
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora