Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A heroicidade dos Cativos / Quen matou ó asasino?

jueves, 21 de enero de 2021
A heroicidade dos Cativos
Desde que empezou a pandemia da Covid-19, o mundo encheuse, por desgraza, de mortos e, por sorte, de heroes. Heroes que van desde os sanitarios ata o propio Dúo Dinámico co xa pesadiño "Resistirei". Hoxe en día, sanitarios á parte, hai outros heroes espallados por todo o territorio: os nenos, os estudantes. Pois desde que abriron de novo os colexios, institutos, academias e universidades teñen que estudar coas ventás Pingas de Orballo: A heroicidade dos Cativos / Quen matou ó asasino?abertas e con temperaturas, en algúns casos, de varios graos baixo cero. Non quero pensar como o tiveron que pasar esa semana da famosa Filomena. Cando eu me sento ante o ordenador durante unha ou dúas horas, por veces, noto como me arrefrían os pés e a pesar de estar a calefacción acendida. Que lles pasará a eses cativos que se teñen que tirar seis ou sete horas cos pés sobre unhas baldosas e coas ventás abertas? De auténtica heroicidade o que están aguantando. Así un día detrás de outro.
Ante tanta frialdade, dáralles a cabeciña para pensar nos estudos, para asimilar a materia que lles estará explicando o profesor? O pensamento non estará máis ben nesa dor de pés ou nese bater de dentes ou nese "pinguel" que cae do nariz? E con que comodidade poden escribir se están completamente pexados polos abrigos e chaquetas e cazadoras e ata poida que mantas que botan para evitar o tremelicar dos seus corpiños? Cando ás dez e media da noite chega o meu rapaz de 20 anos á casa, váiseme a alma ós pés ó ver como chega. Imaxinade a eses cativos de tres o cinco ou dez anos... Así é que, nestes casos, clases virtuais, pero xa!

Quen matou ó asasino?
Ás tres da tarde o fillo da Petanca atopou un cadáver na carreira das Lamas. Era o do asasino Silabario Cristobo, que andaba fuxido da xustiza desde facía dez días. Ás tres e dous minutos chamáronme por teléfono. Porque son algo así coma o Leo Caldas de Baños de Molgas. Hai uns anos, o concello díxome que lles botara unha man en cuestións da lei e da orde. Eu nin son detective, nin policía, nin tan sequera periodista, Pingas de Orballo: A heroicidade dos Cativos / Quen matou ó asasino?ou sexa, nada de nada; tan só me gusta ler novelas policiais. E digo eu sería por isto, se pensarían que valería para resolver crimes ou agravios.
Achegueime ó lugar dos feitos, a ver se cazaba algo. O cadáver presentaba un forte golpe na cabeza, máis en concreto na testa. Mal asunto. Collín unhas follas verdes esparexidas á beira do corpo de Silabario e dúas plumas de ave tamén moi achegadiñas ó corpo. Marchei correndo a analizar isto ó laboratorio que teño na palleira onde gardo a herba seca e os aparellos de labranza. Sen presumir, un pequeniño CSI.
E si, de algo me ten que valer o ler novelas da serie negra: axiña me fixen unha película na cabeza. O asasino (que matara á filla do Cornabois), ó sentirse acosado na persecución que lle estaban a realizar, quixo refuxiarse subíndose a un amieiro. Ós poucos metros de altura espantou a un gaio (de aí as plumas) e, este, ó mesmo tempo, espantou a Silabario que se foi dereitiño ó chan, golpeándose coas gallas (de aí as follas) e dando finalmente coa testa nunha pedra en pico e moi afiada que sobresaía bastante do chan. Ó asasino non o matou ninguén. El mesmo atopou o seu castigo, a súa condena. Agora o concello quere poñerme unha placa conmemorativa. Onde se viu outra!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES