Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O vingador sen piedade / A muller de fogo

miércoles, 20 de enero de 2021
O vingador sen piedade
Teño pouco máis de media hora para vingarme de quen me fixo mal. E alguén me fixo mal.
Hai uns días, cando pola noitiña se me deu por dar un paseo por unha corredoira moi escura, alguén (ou algo) me asustou de tal maneira que me dixen que me tiña que vingar. Niso estou. Ou sexa, que estou intentando buscar con que vingarme. Se Pingas de Orballo: O vingador sen piedade / A muller de fogocompro unha pistola e lle pego un tiro a ese alguén ou a ese algo, ó mellor é peor o remedio que a enfermidade. Que me poden levar preso, entendedes? Se lle pego un cantazo, pois máis ou menos o mesmo. Rexo, rincho os dentes buscando algo, unha forma, unha acción coa que me poida vingar. Pero en quen me vingo? Se non vin quen me asustou. Se foi un raposo, vai detrás del, como diría aquel. Se foi un ser humano, ponte a pescudar. E calquera volve por alá; a buscar pegadas, a buscar un aire que me poida facer intuír quen puido ser. Ademais, pasados xa uns días, que por se fose pouco, nevou e fixo moito aire; as posibles pegadas xa nin existirán.
Para sentirme moi fracasado, é dicir, un cero á esquerda, empezo a facerme a idea de que quen me asustou foi un animal. Non quero ter bullas ou algaradas coa xente; a ver se me quero vingar e, por enriba, levo unha marimba ou malleira. Si, cada vez estou máis convencido de que foi un animal. Non obstante, non quero ter piedade: marcho para o lugar dos feitos (co rabo entre as pernas, iso si, e co medo no cu) e cando dou co sitio en concreto, ármome de valor e cuspo por toda a contorna. A base de cuspe e desprezo noto, síntome ese vingador sen piedade que me presumía ó principio. Tampouco quero que pensedes que son un cagadiño, un covarde.

A muller de fogo
A muller de fogo non botaba lume polos ollos. Simplemente que ardía de desexo baixo unha nube branco de algodón. A muller de fogo era, en por si, toda fogo. Fogo era o seu sorriso e fogo era a súa mirada. Queimaba a ansiedade de quen a mirase. Eu mirábaa, e deixábame cego. E queimábame as entrañas. A muller de fogo ardía Pingas de Orballo: O vingador sen piedade / A muller de fogoante un espello envolto no bafo dun sentimento. Escoitaba a Pink Floyd e cimbrábase baixo un camisón branco no que se marcaban as formas da súa ascensión. A muller de fogo era un espírito libre que interpretaba a súa película. Eu era o espectador que a vía no cartel cinematográfico. Bailaba á sombra dun balcón e de cando en vez das súas mans saían lapas de felicidade.
A muller de fogo non abrasaba a ninguén, pero si quentaba cando me achegaba suavemente a ela. Na distancia, xa os nervios se contraían ante aquel corpo que zumegaba paixón. Despois, si, o seu sorriso xa me derretía. E non me importaba entón abrasarme coma se fora no inferno. Ás veces, para vencer a vergonza, púñame a bailar un tema de Tom Jones, por exemplo; ela abría a boca en sinal de pasmo, de abraio, e era como se abrise a porta da miña esperanza. A muller de fogo era a Veronica Lake que todos soñamos. Non botaba lume, pero facía suar ante as imaxes da memoria. Porque hai imaxes que nunca se irán da memoria. Nunca.
A muller de fogo deixou de asomar ó balcón, recolleuse e a tardiña, pouco a pouco, refrescou. Tan só o desexo seguiu fervendo durante un tempo. Mellor dito, durante moito tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES