Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Nunca se viu outra / Intercedendo polos anxos custodios

martes, 19 de enero de 2021
Nunca se viu outra

No mes de abril fará 30 anos que me vin de Madrid. Pois ben, sigo estrañando aquela vida, aquel lugar, aquela cidade. Gustábame Madrid. Gústame Madrid. Amo Madrid. Pero a nevada que caeu estes días non o fixo tan só en Madrid. Aínda que para os medios de comunicación semella que só se concentraron nesa capital os copos de neve. De vergonza o que está a acontecer cos estes medios. Escoites ou leas ou vexas o Pingas de Orballo: Nunca se viu outra / Intercedendo polos anxos custodiosmedio que che cadre, tan só te atoparás con imaxes ou noticias sobre a impresionante nevada que caeu sobre a capital do Imperio. Que si, que nunca se viu outra. Pero tampouco se vería outra en outros lugares, que agora mesmo non sei dicir cales porque ningún medio de comunicación falou o amosou os tales.
E se algo sei máis, é grazas a esas fotos ou vídeos que circulan polas redes sociais; como un vídeo no que, seica, dous homes se afanan en desenterrar unhas ovellas que quedaron baixo a neve, ou a foto dunhas vacas en León na que se ve como a neve as cubre case por completo. Por certo, cando poderán pacer esas vacas ou esas ovellas? Non todas as calamidades corresponden a Madrid.
Neste noso país infórmase como se informa. Fan de Madrid o punto neurálxico desta calamidade como outras veces se lles dá por dicir, por exemplo, e ante un simple charco na Pitediña, que o río Arnoia está a alagar toda a vila de Baños de Molgas. E non comento a foto do Casado padexando neve porque me dá vergonza. Non aprenderon nada de Feijóo apagando un incendio cunha mangeuiriña de xardín. Tal para cal ou un mata e o outro esfola.

Intercedendo polos anxos custodios

O outro día collín a estrada ó inferno. Á volta alguén me preguntou que había alá, que acontecera. E que ía haber... moito lume. E, claro, como non, atopeime co demo, con Lucifer, co diaño, con Belcebú. El tamén botaba lume polos ollos. Pero non me achantei. Hai que lembrar que eu era un heroe e que os heroes non arden. Saudeino coma se non fora o demo. El, é certo, tamén me contestou de boas maneiras. Axiña vin que, ante unha columna de lume, tiña presos ós Anxos Custodios. Recoñezo que Pingas de Orballo: Nunca se viu outra / Intercedendo polos anxos custodiosnaqueles momentos nin eran anxos nin, pos suposto, custodiaban nada. Eran uns individuos que semellaba que estaban alí de prestado. Pero presos, iso si.
A ver, por que tes a eses presos aí?, pregunteille ó demo. Porque non custodian nada, contestou rapidamente. Ando polas vosas vidas como Pedro pola súa casa. Por certo, se volves algún día por aquí atoparaste tamén con San Pedro. A ese téñolle unha sorpresa. Espera, que vou poñer música. E non vai o tipiño que botaba lume polos ollos e pon nun casete a Los Canarios cantando "Get On Your Knees". Deixoume pampo, claro. Non recuei, non retrocedín e pedinlle con moita calma que soltara ós Anxos Custodios. En principio negouse, pero ó dicirlle que non me fixera volver por medo a atoparme con Evaristo (o que fala polos cóbados) e ante a promesa de que el, o demo, sempre estaría dentro de nós, deixounos libres. Aquí enganeino coma a un cativo; el sempre está dentro de nós. Desde que temos algo de coñecemento, levamos o demo dentro. Tampouco está tan mal; é un bo amigo. Ás veces é bo facerse o duro nesta vida. Para que non abusen...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES