Din que a señorita Pepis...
Areán, Pilar - martes, 27 de mayo de 2008
Din que a señorita Pepis
anda buscando un amor
e foillo dar Xoán Quintá.
Ela quere outro mellor.
Ela é moza presumida
que se enzoufa coa pintura
e como custa ben cartos
traballa como unha burra.
Pero un día Xoán Quintá
que é home de malas pulgas.
-Quita a pintura esta noite
que vas arder como as Burgas.
-E logo así non che gusto?
-Gústasme, muller, gustas!
-Deixa logo que me limpe.
-Antes dareiche coa fusta.
-Pronto ha vir a tía Xoana
que anda a balear na eira.
-Anda batendo na parra
até que a deixe baleira.
-Boas noites Xoán Quintá
xa vexo que estás contento.
Pois vai pensando na voda
ou córtoche o que tes dentro!
-Tía Xoana non andabas
varrendo aló pola eira?
-Da grazas que vos pillei
ou ías quedar solteira.
-Miúdo susto nos deches
e a causa desta parada
trabóuseme a marcha atrás
e a Pepis quedou preñada.
Pois imos xa á vicaria,
o crego estará contento,
primeiro celebra a voda
e despois o nacemento.
E todos foron felices
Pepis, Xoana e Xoan Quintá.
E a banda do pobo toca
desde a noite até a mañá.

Areán, Pilar
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora