Microrrelatos (IV) A non cidade
Sampedro, Pilar - lunes, 18 de enero de 2021
A praia da nenez
Camiñamos á beira do mar. Chegamos á praia da nenez aproveitando a marea baixa. Míroa dende o lado do mar. Hai xente movéndose pola desembocadura do río e o que era lagoa. Cando me dou conta ando buscando a Manolo entre as figuras.
De pronto aio na conta: está morto, xa non vello ou preso nunha casa onde lle retiraron os estímulos para que coma unha planta secara, está morto, enterrado no camposanto. Foise sen que puidera despedirme. Esa pode ser a razón pola que o sigo buscando nos lugares comúns.
Traxedia rural
Creo que hai que escribir unha traxedia, grega ou rural, onde se vexa o drama de que nunha aldea entre un impresentable. Todo comeza cando unha rapaza normal se namora, (ou colga ou o que sexa) dun "malote". Chega el co tractor e a falta de ética herdada dun entorno familiar que xa se caracterizara por actos pouco axeitados ao decorrer da vida honrada. Comeza a derrubar muros para levar as pedras, roubar a madeira do monte cortando pinos que non son seus (e para o que non ten permiso), segue a enganar ao persoal quedándoselle ou roubando directamente as pías e outra manufacturas patrimoniais, leva as pedras do monte para vender ou facer súas, desfai os camiños que estaban limitados por pequenos menhires...
Rematará máis lonxe pois ninguén lle fai fronte.
Vai criando un clan de fillos coma el: familia numerosa para ser máis forte. Xa está plantada a mala semente... Irá en aumento!

Sampedro, Pilar
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora