Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No centenario do patriarca Seivane

jueves, 14 de enero de 2021
Estamos a principiar o 2021, saboreando as súas cores, arrecendos, músicas..., a pesares de todo o que está a acontecer, fornecidos coa boa temperanza que transmiten os sons da nosa gaita, grazas a que xa estamos a celebrar o centenario do nacemento do mestre Xosé Manuel Seivane na Fonmiñá da Pastoriza chairega.

Acae festexar a achega dun dos creadores máis senlleiro do noso país, un sabio que coñecía dende as fases da lúa máis axeitadas á maduración do buxo para poder arrincarlle ás madeiras o timbre de voz co que estaba a matinar e soñar ata os sentimentos máis intimos da alma galega que quería transmitir. Esta empatía co universo non só humano converteuno no intérprete máis fiel da nosa identidade galega a través da música reivindicando con paixón o que el definía coma "o noso", "a cultura que levo dentro".

Este xenio era un gran observador, sempre escoitando e aprendendo de grandes e pequenos, porén coñecía as artes de todas e todos os gaiteiros, e ía incrementando a súa experiencia artesanal...

Tiven a fortuna de partillar moitas andaduras con este investigador, dende os paseos por Pardiñas cando acompañaba á súa dona Fuencisla a tomar as augas no balneario ata cando desfrutamos da nosa música tradicional nos festivais, valorando a sonoridade da gaita galega, a marca Seivane, e prometendo que a ía deixar no seu punto sen adulteracións nin mediocridades.

Xermolos sinteu a necesidade de afondar na súa ciencia e técnica dedicandolle os Encontros na Terra Cha do 2010, cadrando coa dedicación da Casa da Música da Pastoriza a Xosé Seivane. Xa quedáramos alucinados co seu pregón maxistral na I Mostra de Artesans de Instrumentos de Música Tradicional (1994) convocada pola Asociación de Gaiteiros Galegos no Festival de Pardiñas.

Dende o seu obradoiro da Ribeira de Piquin e despois dende Cambre percorreu todo o pais afinando o mellor son do noso ser ata universalizalo polo mundo adiante. Co seu humor e xenerosidade sementou a busca da perfeción e da beleza en novos e vellos coma seguimos desfrutando na súa familia, un reflexo do mundo polo que loitou, o da harmonía e a igualdade dentro da pluralidade do enxeño creativo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES