Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A paz non ten prezo

jueves, 14 de enero de 2021
Por pouco que observemos como vai a mundo, comprenderemos que a paz é un ben moi prezado porque escasea.

Se fixeramos unha enquisa, seguramente que todos diríamos que somos persoas pacíficas.

Certamente que hai moitas persoas que velan con todo o seu empeño pola paz; pero bastan uns poucos para "remexer o enxame"; e cando "remexemos o enxame" non se sabe co que nos podemos encontrar.
Nalgúns casos: unha picadura moi dolorosa, noutros unha forte alerxia e noutros casos: a mesma morte.

BEN, POIS NA VIDA COTIÁ FAI FALTA POUCO PARA ALTERA-LA PAZ.
A veces nin siquiera estamos en paz con nós mesmos porque facemos cousas mal sen querer e non o podemos evitar.

Tamén se altera a paz coas persoas conviventes con certa frecuencia como podemos observar pola violencia de todo tipo que se xenera nos propios fogares.

E se resulta doado altera-la paz en círculos pequenos coas persoas que máis queremos; é doado imaxinar o que pode pasar a nivel nacional ou internacional.
Pero…
¿Qué conseguimos con altera-la paz?

Aínda que no fondo intentemos facernos respectar, (a veces HAI QUE FACERSE RESPECTAR), o que conseguimos con certa frecuencia é: aumenta-las diferenzas e, por veces, crear odio.

FACE-LAS PACES NON É DOADO.
Debemos aprender moito dos nenos.
Os nenos enfádanse con certa frecuencia porque teñen diferenzas entre eles; pero cunha aperta do corazón a corazón borran todo o odio e convértense de novo en amigos.

ÓS ADULTOS CÓSTANOS MOITÍSIMO PERDOAR DE CORAZÓN PORQUE EN NÓS HABITA O RENCOR.
Á hora de levar conta do mal que nos fan, prestamos moita atención e por eso dicimos:
"Perdoo; pero non esquezo".

Estamos moi enganados porque mentres non esquezamos, mentres nos borremos e fagamos conta nova, a paz non reinará nos nosos corazóns.
Se non temos paz nos nosos corazóns, amargamos a propia vida e a das persoas que nos rodean.
E así nos vai…

Total:
¿Para que?
-NON NOS DÁMOS CONTA QUE ESTAMOS DE PASO, QUE ESTAMOS HOXE E MAÑÁ PODE QUE NON.
-NON NOS DÁMOS CONTA QUE A VIDA É MOI BREVE E QUE VIMOS A ESTE MUNDO PARA SER FELICES, NON PARA ODIAR E FACER MAL.

Para ser felices, precisamos vivir en paz.
PARA AS PERSOAS QUE POÑEN A PAZ EN PRIMEIRO LUGAR, O RESTO RESÚLTALLES SECUNDARIO.

Hai moitas persoas que saben poñer a paz moi alta e non permiten por nada do mundo que outras persoas llela alteren.
-Son as persoas santas porque saben xestionar as frustracións.
-Son as persoas que se autocontrolan.
-Son as persoas que teñen o seu ego á raia.

CONTROLAR O EGO E POÑELO Á RAIA É TODO UN LOGRO.
UN LOGRO QUE ESTÁ O ALCANCE DE TODOS SE NOLO PROPOÑEMOS.
Para eso temos que renunciar a moitas cousas, renunciar a moitas cousas desde a máis tenra infancia.
Por eso son de admirar as familias que poñen límites ós seus fillos.
Son familias que os preparan para saber xestionar renuncias maiores ó longo da vida.
É moi probable que as criaturiñas non comprendan eses límites cando hai outros nenos que os saltan.

Pero… AS FAMILIAS QUE POÑEN LÍMITES SON AS FAMILIAS QUE ACTUAN CON NORMALIDADE.
Nesta vida non se pode facer sempre o que se quere ni ter de todo.
Nesta vida hai que ter moi claro que é o principal e que é o secundario; o principal é unha educación en valores.

O principal é:
-Ser unha persoa ben educada.
-Ser unha persoa respectuosa, honrada, traballadora, afable, solidaria, servicial…
-Ser unha persoa formada e formal que sabe estar porque ser é moito máis que ter.

"SER É MOITO MÁIS QUE TER"
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES