Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (4)

jueves, 14 de enero de 2021
3. Lendas sobre as pegadas de elementos sacros nas rochas.
3.1. Santuario do San Roque

Está emprazado na freguesía de San Paio de Arcillá, arciprestado da Terra Chá, municipio de Cospeito e diócese de Mondoñedo-O Ferrol. Comentase dende sempre "que preto da capela do Santo hai uns penedos provistos duns pequenos buratos, que os lugareños sempre asociaron as pegadas do can de San Roque".

Este tipo de pegadas é algo que se manifesta en moitos lugares non só do Estado español senón tamén doutros lugares do mundo. "Las leyendas actuales sobre las supuestas huellas que seres sobrenaturales o heroicos dejaron impresas en toda la geografía mundial... atestiguan la asombrosa capacidad de adaptación y la potencia migratoria de unos mismos tipos de discurso, que son sentidos como propios y locales por cada comunidad, por más que sean, en el fondo, pruebas del carácter universal, híbrido y compartido de la cultura".

4. Lendas sobre algúns feitos trascendentais ligados a Santuarios.
4.1.- Lendas sobre o Santuariodo San Alberte

Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (4) Este santuario está situado na freguesía de San Breixo de Parga, arciprestado do San Estevo de Parga, municipio de Guitiriz e diócese de Mondoñedo-O Ferrol.

4.1.1. Comentase "que hai moitos o día do San Alberto veu un devoto cun bastón na mao. Entrou na capela e mirou un rato para ao santo, que sujetaba ao demo con una cadena. Logo acercouse ao santo e díxolle ao diabloe: ¡Desgraciado, que fas! ¡Baja dese lugar! Al mismo tiempo deulle cun bastón que traía. (Hai outra versión que di que lle quixo meter o bastón na boca). De súpeto, quedou xunguido ao maléfico polo bastón. Algúns devotos e familiares que estaban a su lado tiraban del sin darlo apartado. Polo tanto, decidiron ir á sacristía e chamar polo cura, que acudiu cun libro de desconxuros. Dicen que estuvo case hora e media leendo cousas que ninguno conseguiu entender hasta que o home logrou soltarse a modiño, recuperando su estado normal".

4.1.2. Tamén se comenta "que un paisano, emigrante nun país hispanoamericano, veu de vacacións a súa casa a pasar una temporada. Días después de su llegada acudiu á romaxe do San Alberto, lucindo unha vistosa caballería, entrando con ella na capela. Esta actitude de desprecio e falta de respeto, deu lugar a que varios devotos lle pechasen o paso tentando por tódolos medios posibles que sacase a cabalería do recinto sacro. Sin embargo, non foi posible xa que o animal estaba quieto, como clavado no chan. Ante este prodigio, el cura del santuario hizo una súplica al santo, estando presentes un buen número de devotos. Parece ser que el animal luego consiguió moverse y ser sacado del santuario".

Como se pode apreciar, as dúas narracións están orientadas a indicar, por unha banda, o especial poderío do lugar sagrado e o seu santo e, pola outra, sirven de advertencia para que os romeiros sexan sumisos á orde sacral, arriscándose, no caso contrario, a sufrir un castigo pola súa impertinencia. Posiblemente estes exemplos difundidos por vía oral sexan un mecanismo encamiñado a que a igrexa oficial, representada polo crego nas dúas narracións, manteña o seu control sobre as tendencias a que a xente introduza por conta propia actitudes pouco axeitadas dende unha perspectiva ortodoxa.

4.2. Lendas sobre o Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra.
Está situado na freguesía de Santa María de Saavedra, arciprestado de Trobo, municipio de Begonte e diócese de Mondoñedo-O Ferrol. O santuario conta coas correspondentes narracións orais encamiñadas a amosar o poderío da Virxe dos Milagres. As máis espalladas son catro, das que damos un resumo a seguir:

4.2.1. "En tempos da francesada, no ano 1809, os invasores tentaron entrar no templo Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (4)cos seus cabalos para alí pasar a noite. Pero víronse sorprendidos, xa que, malia reiteradas insistencias, non conseguiron penetrar e profanar o templo, proba da protección sacra de que gozaba este lugar, reservado como morada da Virxe".

4.2.2. "O señor de Vilaguisada tiña un criado que saiu unha noite a beber cuns coñecidos. Éstes matárono e o deixaron diante da porta do curral do seu amo. A xustiza levou preso ao señor de Vilaguisada como autor do crime, negando éste tal feito. Antes de ser xulgado, pediu ir rezar á Virxe dos Milagres, séndolle concedida tal petición. Entón, indo polo camiño real, pasaron diante dun lugar chamado Fontetián, onde naquel tempo había unha fonte ligada ao culto á Virxe. Neste lugar pediu aos seus gardas que lle deixasen beber, ao que estes accederon. Isto deu lugar a que as cadeas coas que viña preso caesen aos seus pés. Pero os gardas volveron poñerllas, sendo conducido ao santuario. Alí, ao rezar as primeiras oracións, volvéronlle caer as cadeas, quedando deste xeito, para confusión dos seus acusadores e sen necesidade de xuizo, demostrada a súa inocencia. Este señor, logo de varios anos, morreu, sendo enterrado no lado esquerdo do altar. Díse que o día do seu enterro a comitiva cubría unha distancia de tres quilómetros".

4.2.3. "Nunha casa chamada do Pozo, preto do santuario, declarouse un incendio nun palleiro situado na eira. As lapas eran tan considerables que ameazaban con propagarse a cinco medas. Un membro da familia, ante a posibilidade de quedar sen colleita de gran aquel ano, acudiu á rectoral, rogando ao párroco que lle deixase levar a imaxe da Virxe ata a súa casa. Obtido o permiso e levada a Virxe ao lugar do incendio, o vento cambiou de dirección, cesando o perigo de propagación do lume".

4.2.4. "En tempos da francesada, no ano 1809, os membros da comunidade parroquial gardaron a coroa da Virxe baixo un montón de follas secas no lugar das Revoltas, preto do santuario. Segundo a tradición, os franceses estiveron percorrendo os arredores do recinto sacro na procura da devandita coroa mariana. Logo da súa marcha, os paisanos da comunidade atoparon a coroa da Virxe baixo a restreba na que fora ocultada.

Os tres primeiros feitos están reflectidos nunha serie de cantos, que se lle dedican á Virxe no seu novenario.

Cantos a la Virgen de los Milagros
Vos sois sol y luna hermosa
de más alta luz origen
ruega por nosotros, Virgen,
Reina y Madre Milagrosa.

Devuelves la libertad
que pide con ansiedad
de rodillas a tus plantas
al que gime prisionero.
Y sus cadenas quebrantas
con virtud prodigiosa.

En este mismo lugar,
han visto con excelencia
que por vuestra sola presencia
los incendios se apagaron.
Escucha, pues, tu cantar,
Madre mía bondadosa.

En este lugar dejaste
tu imagen consoladora,
en Saavedra, ¡oh, gran Señora¡
parece que señalaste
el punto donde enseñaste
ser Vos sola Milagrosa.

Cuando el impío francés
profanar quiso este templo
llevó gran lección y ejemplo
sujetándole los pies,
para que conozcan quien es
la que es grande y poderosa.

Los romeros a millares,
vienen a ver el portento,
por sus devociones singulares
les dan gracias especiales.
Y cantan emocionados
¡Salve Virgen Milagrosa!
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES