Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aforrar combustible

martes, 27 de mayo de 2008
Non pode entenderse este mundo noso sen os aparatos que a técnica ten producido, artiluxios de traballo mecánico que aínda consumindo enerxia moi valiosa, producen moita maior rendibilidade que o custo que orixinan.

O traballo das administracións e dos particulares e institucións, pode ir polo camiño de cambiar os combustibles, de maneira que os que se vaian utilizar sexan menos costosos ou menos escasos que os actuais, ou pode ir polo camiño de conseguir que os motores consuman menos, aforrando sustancialmente no seu funcionamento.

Este segundo camiño é o que ten emprendido o colectivo “Peixe verde”, formado por técnicos da Consellería de Pesca e empresas privadas, que están a traballar nun motor que permite aforrar ata un trinta por cento no consumo de gasóleo, para a súa utilización nos barcos de pesca.

Nesta época de crise, un aforro do trinta por cento é substancial. E axudará alomenos a compensar a subida do precio dos carburantes que ven sendo paulatina nos últimos tempos.

Todo o que supoña un aforro, por pequeño que sexa, é meritorio e compre que reciba toda a axuda da Aministración. Neste caso estamos a falar dun avance moi notable para centos de barcos que están a loitar contra a subida de todo tipo de custos.

Só compre que este tipo de investigacións se traslade a outros sectores, e mesmo que se combine con esa outra investigación que coidamos esencial de substitución dos derivados do petróleo por outros menos costosos e contaminantes, por exemplo a auga, polos que o sector leva suspirando desde sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania