Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Estrada ó inferno / O mellor GPS

viernes, 15 de enero de 2021
Estrada ó inferno
Ás veces chovía. Por veces nevaba. O frío facíao sempre. Pero aínda así collín a estrada ó inferno. Non sempre é bo quedar parados e esperar a velas vir. Que as cousas ou veñen tarde ou veñen mal ou nunca veñen. Así é que boteille peito e emprendín o camiño. De primeiras xa me atopei cun pardal que me mirou mal, de mala maneira. Souben ó instante que non tería un momento de respiro. Pero os heroes respiran Pingas de Orballo: Estrada ó inferno / O mellor GPSsempre. Os heroes se non respiran tamén afogan coma calquera. Había que respirar e respirei. É dicir, seguín.
A estrada ó inferno está chea de coios. Tan chea que moitas veces non sabía moi ben onde poñer os pés. Porque, para máis aquel, eu ía descalzo. A ver, completamente descalzo non ía; levaba unhas zapatillas tan gastadiñas que é coma se fora descalzo. Só tiña medo se pisaba algún toxo.
De segundas, atopeime co Evaristo, que é coma se me atopara co propio inferno. E non porque sexa mala persoa, non; senón polo que esbardalla, polo que fala... que lle mata a cabeza a calquera. Pero como xa o vira ó lonxe, pouco a pouco puxen cara de ferreiro e cando cheguei á súa altura el ben apreciou que eu non estaba para parolas. Soltámonos uns simples ola-ola e cada un seguiu o seu camiño; el logo torceu por un camiño que había á esquerda e eu seguín por esa estrada ó inferno.
De terceiras, e en menos que canta un galo, ou sexa, nun alustro cheguei ó inferno. Era lume! Había lume por todos os lados. Pensei que me abrasaría, pero os heroes non arden. Os heroes tiran cara á adiante.

O mellor GPS
Moita tecnoloxía. Moito adianto virtual. Moito móbil. Moito GPS. Pero a realidade está en que como non alixeires, como non te movas, estás perdido. Máis ou menos como lles aconteceu a sete persoas de Lugo que por lle facer caso ó GPS acabaron perdéndose no concello de Cervantes da súa propia provincia. A ver, eu algunha vez botei man do GPS (perdón, o meu fillo Xoel, pois eu recoñezo que son un negado para Pingas de Orballo: Estrada ó inferno / O mellor GPScertas cousas) e valeu a vida, ata cheguei incluso a gabalo, e ségueme parecendo unha boa ferramenta. Pero antes, moito antes, días antes ou horas antes sempre me estudei o meu mapiña. Sempre quixen ter unha idea de a onde ía e por onde iría. É certo que case en todas as viaxes (e teño realizadas unhas cantas) sempre me despisto, sempre me perdo un pouco, pero mesmo dando algunha que outra volta de mais, sempre cheguei ó meu destino, san e salvo.
No coche, por se aquel, aínda anda un mapa daqueles que se vendía en quioscos e gasolineiras, e a pesar de que xa levo moitos, pero moitos anos sen usalo. Agora boto man do señor Guguel e ó mellor tírome horas buscando rutas, mesmo collendo o boneco ese que te leva polas propias rúas das cidades e que che deixa ver letreiros, escaparates e demais sinais que axudan que é unha barbaridade. O GPS é bo, pero como a mente humana non hai. Aínda que vaia cos rapaces, un servidor estuda antes as estradas, camiños, aldeas, vilas e cidades polas que vou andar ou pasar; non vai ser que o GPS ese me mande a Lituania, por exemplo, que non será mal sitio, pero queda moi lonxe.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES