Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Representación Inaudita

jueves, 14 de enero de 2021
Cando un críase afeito a todo tipo de sorpresas resulta que vai e aparece unha para situarte de novo nesa realidade que semella virtual: refírome á "performance" inaudita que montaron as hostes de Trump no Parlamento na capital dos EE.UU. Reparen que digo performance e non pretendo con iso darlle pulo ao colonialismo lingüístico que Representación Inauditadende hai moito sufrimos, porque o acontecido hai uns días aló foi algo feito ao máis puro estilo yanky, moi yanki, case sacado dunha serie rancia da Fox.

Din os analistas destes asuntos que se tratou dun golpe de estado polo lugar elixido para esta basta representación. Eu sinceramente non creo que chegase a tanto porque de ser así os cinco mortos producidos no balbordo serían moitos máis. ¿Que son cinco mortos se analizamos como se portan as forzas do orde naquel pais diante de calquera... depende, pequena manifestación?

Golpe de estado encuberto ou non, foi un acto deplorable que avergoñaría a calquera con dous dedos de fronte, inducido por alguén que demostrou xa hai tempo que lle faltan un par de fervidos para estar "ao dente" ou próximo a iso. Pero imaxino que o estar tolo non exime de responsabilidades e resultaría incrible para a democracia que non se tomaran medidas ante un personaxe tan perigoso.

A imaxe máis viral, a que transluciu por todos os medios foi a dese tipo disfrazado de indio "siux" co torso espido cheo de pinturas de guerra e con cornos de búfalo como representante e xefe de toda esa tropa de descerebrados poñéndose en evidencia diante do mundo enteiro, cousa que si acadaron, como tamén lograron poñer en ridículo ao seu xefe supremo, Donald Trump, que xa era o único que lle faltaba para concluír o seu nefasto mandato ao fronte da Administración dos EE.UU. Cada un viste á democracia co vestido que máis lle interesa e hai que recoñecer que naquel pais o atrezzo empregado éche ben peculiar, e é ben certo tamén que no pais das oportunidades calquera cidadán pode chegar a presidente (ás probas remítome): se este chegou, calquera pode facelo si, calquera que sexa multimillonario e conte cos apoios dos colegas multimillonarios. O resto a votar e se os resultados non son os previstos, a saír correndo a denunciar. ¡Hai que ver as "trumpas" que lle fan a Trump!

Malia todo segue a ter seareiros, incluso aquí en España onde algúns chegaron a telo como referencia e a propoñelo para o Nobel da Paz. Surrealista. Xa o dicía Castelao: a parvallada é contaxiosa e expándese como pandemia. ¡Coidémonos dela!
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES