Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Se estiveras aquí / A velocidade da Terra

jueves, 14 de enero de 2021
Se estiveras aquí
Se estiveras aquí, berroulle el a ela. Pero ela estaba moi lonxe e el... el estaba sentado ó pé dun canastro e deixando que o tempo pasara. El sabe que o tempo pasa. E sabe tamén que, ó mellor, con sorte, ela aparece á súa beira. Pero ela está moi lonxe. Está tan lonxe que nin se ven nin se oen. Incluso ata poida que nin se intúan, por moito que el berre. El escoita a Chavela Vargas e furga na terra cun pequeno caxato. Chámase Pingas de Orballo: Se estiveras aquí / A velocidade da TerraDelmiro Durán Durán. Os amigos, ás veces, mofan del preguntándolle: canto duras? El sorrí e segue ó seu. É fillo dos que viven no alto do outeiro, pero todos os días baixa a aldea tan só coa intención de atoparse con ela.
Ela chámase Ludivina Durán Durán. Os amigos, por veces, mofan dela preguntándolle: quen durará máis, se ela ou o irmán? Ela sorrí e segue cantando polo baixiño "Noites de voda", de Chavela Vargas, e co pensamento na súa aldea. Principalmente de cando xogaba co irmán entre os canastros e os palleiros da herba seca que poboaban a aira da aldea. Ela marchara hai moito tempo e ninguén sabía para onde.
Nin tan sequera Delmiro sabía onde estaba a súa irmá. E cada tardiña marchaba a sentarse ó pé dun canastro para berrar por ela. Cada vinte minutos xustos berraba: se estiveras aquí. El sabía que se a súa irmá estivera alí, na aira, sería feliz. Ela tamén sabía que se estivera alí, con el, serían felices os dous. Mais as circunstancias eran o que eran e el estaba sentado na aira da aldea e ela estaba lonxe, moi lonxe. Tan lonxe que non oía os berros del; tan só imaxinaba o ruxerruxe da voz de Chavela Vargas.

A velocidade da Terra
Tiñamos que multar ó planeta Terra por ir á velocidade de 107.280 quilómetros por hora. Iso é unha animalada! Imaxinade que a esta velocidade colle por aí a un meteorito ou algo semellante... É que o esnafra por completo! A quen se lle ocorre correr tanto. Cando corro eu por un outeiro abaixo penso que me vou escarallar (e non pasarei de dez quilómetros por hora); seguro que me mareo ou que boto os fígados se me vexo Pingas de Orballo: Se estiveras aquí / A velocidade da Terrafacéndolle pantalla ó noso planeta. E mira que parece pasmón, que non se move, que está sempre quieto. Tan só de cando en vez (ó mellor quizais demasiado a miúdo) treme ou rebenta por algún lado; pero non me imaxinaba eu que fora a esas velocidades. Vin correr a Usaín Bolt e pensaba que era o máximo. Como tamén vin a un bilbaíno correr detrás dunha gacela, darlle alcance, collela á carreira, poñela por debaixo do brazo esquerdo e seguir correndo coma unha frecha, ou sexa, máis rápido que a propia gacela, pero, claro, era un de Bilbo. Alá se me foron todos os plans cando lin no xornal que o noso planeta corre a esas velocidades. E non hai ninguén que o multe.
Agora tócame investigar que para que corre tanto, que para onde vai; se estamos igual de perdidos por este universo inmenso. Vaise asemellar ó centeo, que corre, corre e nunca encobre. Teño que contactar axiña co meu amigo alieníxena para advertirlle da situación. A ver se se vai cruzar no camiño da Terra sen unha ruta preestablecida e o machaca vivo. A 107.280 quilómetros por hora! Que barbaridade!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES