Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

#PoemasPenduradosdeFarolas

martes, 12 de enero de 2021
O próximo sábado a partir das 17:00 horas coNenzarán a colocarse nas farolas de Guitiriz os casi 100 poemas doutr@s tant@s poetas que este ano irán adicados ao COVID19.

Vari@s poetas da NPG Nova Poesia Guitirica iniciarán a colocación de poemas dende #PoemasPenduradosdeFarolas a praza da Igrexa por toda a localidade.

Os poemas poderán leerse a pé de rúa até o 20 de febreiro nun Guitiriz convertiso nun poemario colectivo xigante no que cada farola conftemática ormará unha páxina diferente con unha temática única: a pandemia do coronavirus.

Esta será a cuarta edición de #PoemasPenduradosdeFarolas que nas edicións anteriores estiveron adicadas á violencia machista, á vaga de lumes e aos recortes de liberdades fundamentais.

A poesía ao servizo da sociedade e i mersa en asuntos de actualidade, achegada á xente da rúa e con mensaxes comprometidas é outra actividade máis da poesía guitirica que vai camiño ďos seis anos de existencia.

Guitiriz voltará dende o sábado a ser o centeo da poesía luguesa nas súas rúas con versos adicados á histórica pandemia que estamos a padecer.

A NPG ten tamén aberto o período de envío de micro poemas do V Certame VILARIÑAS até o 31 de de xaneiro. Os micro poemas de máximo 3 versos aco.pañados de imaxe poden enviarse aos correos dosvilares@gmail.com ou noggazeta@gmail.com.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES