Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gardián das democracias

lunes, 11 de enero de 2021
Estaba visto, Evaristo. Ou víase vir. Máis ou menos é o mesmo. O novo confinamento da capital ourensá e do concello limítrofe de Barbadás. As festas nunca foron boas para pillalas con calma, e moito menos as do Nadal; polo que significan e polo longas. E a Covid-19 púxose as botas. E o sentidiño común brillou pola súa ausencia. Aínda que isto non é de estrañar; o ser humano carece moitas veces de sentido común.

Claro que menos sentido común teñen os ianquis. O de estes é algo que... ufff, recoñezo que nunca me caeron moi ben. Nunca fun moi amigo do poder e os americanos se se senten orgullosos de algo é do seu poder. Orgullosos e testáns e únicos e presumidos e xenuínos e auténticos e vaidosos e cazurros. E mentalmente moi pobres, pero moi pobres. Sempre esbardallan do que poden facer e fan, do que non deixan facer e non fan. Sempre se sentiron os amos do mundo. Son os amos do mundo. Pero por moito amos que sexan, seguen a ser moi pobres. Repito, mentalmente moi pobres.

Non hai moito coincidiume ver dúas películas nas que esta carraxe que sinto por eles desbordoume de tal maneira que cheguei a sentir impotencia. Foi vendo "Arde Mississippi" e "Figuras ocultas", nas que o racismo impera desde o primeiro fotograma ata o último. Cando acontece unha masacre ou algo que nos revolve as tripas, axiña dicimos que parece mentira que a estas alturas, que nestes tempos ocorran tales barbaridades. E o país que ten a fama de ser o máis gardián das democracias, en plena década dos 60 ou 70 (aí, á volta da esquina), acosara, desprezara, vilipendiara, asasinara ós seus propios habitantes negros. Creo que tan só se poden desvincular dos nazis pola menor cantidade de mortos. Porque, que diferenza hai entre o partido nazi e o Ku-Klux-Klan?

A min o de defensores da democracia sempre me tivo coa mosca detrás da orella. E algo de razón penso que teño; o outro día estiveron a piques de mandar dous séculos e medio de democracia a darlle cornadas ó tren. Case se pode dicir que foi un auténtico golpe de estado auspiciado por ese testán, chulo, inepto e estúpido de Donald Trump. Por certo, que pasaría se os miles de asaltantes do Capitolio fosen negros? Ufff... E estamos en pleno século XXI.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania