Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Microrrelatos varios (III) De historia

jueves, 14 de enero de 2021
Dona Violante, a muller de Afonso X O Sabio creou o mosteiro de Santa Clara en Santiago.
Dise que viaxou a Terra Santa sen que se deran conta no convento, pois mentres ela estaba fóra, ocupaba o seu lugar a Virxe.

Este é un deses milagres marabillosos, traballos de sororidade, mulleres que apoian a mulleres para que poidan facer o que non se lles permitía.


Houbo reises que merecían un trono de gloria, como don Dinís de Portugal, un poeta que escribiu 137 cantigas, ou como Alfonso X o Sabio.
As súas cortes foron centros literarios.

Alfonso que foi rei de Castela e de León escribiu en galego (a lingua culta na corte do reino) cantigas de escarnio e himnos en loor da Virxe. El chamou á súa corte a trovadores occitanos, cataláns, galegos…Ata Boccaccio o cita, como personaxe central no primeiro conto da última xornada do Decamerón. Dende 1935 un dos cráteres da lúa leva o seu nome.

Alfonso foi avó de Dinís, apodado o Labrador, que tamén recibiu na súa corte a numerosos trovadores e xograres. A súa muller, chamada santa Isabel de Portugal, ademais das obras de caridade, trasladábase ao campo de batalla para acabar coas disputas entre o home e o fillo, colocándose entre os dous e rezando para que finalizara a pelexa. Viúva viaxa a Compostela, e de volta, ingresa no convento de santa Clara en Coimbra; na vellez tamén ha de mediar entre o fillo e o neto.

Don Dinís tivo dous fillos bastardos, tamén poetas.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania