Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Congresos e eleccións

lunes, 26 de mayo de 2008
Andan os políticos revoltos e, tomándoos como referencia, revoltos andamos todos.

Vivimos tempos de intranquilidade no económico e no social, e en lugar de ser os políticos os que nos marquen xeitos de convivencia e lineas de actuación, resulta que os factores económicos e sociais poñen intranquilos a gobernantes e opositores, co que o clima social está enrarecido sen trazas de que vaia mellorar a curto prazo.

As recentes eleccións xerais, aínda que relativamente equilibradas, viñeron clarificar perfectamente a situación. Un partido gobernará en solitario durante catro anos, e outro partido deberá durante o mesmo período efectuar unha nova “travesía do deserto”.

O PSOE non ten problemas porque goberna en España e en Galicia. O PP perdeu o goberno en Galicia e non o consegueu en España. Ergo, o PSOE está tranquilo a curto prazo mentras o PP a falta de resolver problemas xerais ten que atender os que se lle acumulan de réxime interno.

Os dous grandes partidos en Galicia e a escala xeral do Estado, teñen pendientes cadanseu congreso, que se o do Partido Popular ten que servir para serenar os ánimos e tranquilizar a todos os militantes e simpatizantes, o PSOE ten tamén unha cita pendiente e, polo que se refire a Galicia, esta servirá para consolidar unha estructura que sintonice coa cúpula do Partido neste País.

Os Congresos son ocasións propicias para que os partidos políticos estabilicen organizacións e ánimos, polo que os próximos meses serán decisivos para os dous grandes partidos e para todos nós.

E logo está o Bng que goberna conxuntamente co PSOE en Galicia, con problemas de relación e de competencias, pero todo sometido á gran premisa de manter a gobernabilidade de Galicia.

Para o PSOE o ideal sería gobernar Galicia en solitario despois das próximas eleccións para as que faltan pouco máis de nove meses. E non debera extrañar que no próximo Congreso se aborde do xeito que sexa esa posibilidade que marcaría un futuro perfecto para a organización. Pero os futuros perfectos poucas veces se dan na realidade.

O certo é que todos andamos metidos na fariña dos Congresos e das eleccións, sexa por activa ou por pasiva. Todo se cocerá dentro das organizacións partidarias, pero a nós quédanos algo máis que ser espectadores pasivos do que vai pasar.

O tema dos congresos é exclusivo das organizacións políticas. Pero hai unhas eleccións, e aí si que todos temos algo que ver.

Os Congresos organizaranse internamente, pero xa poden ir preparándose para convencernos a todos de que todo vai ben, pero especialmente que todo pode ir mellor, que todo vai ir mellor. Porque nas eleccións decidimos todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania