Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paz e ben

jueves, 07 de enero de 2021
Postos a pedir, pediríamos moitas cosas a este ano que estamos estreando.
Pedir, hai que pedir porque o que non pide, non recibe.
Pero…
¿Pedir, qué?

O primeiro que hai que pedir é saúde; pero despois…

Os humanos somos moi dados a pedir cousas materiais.

Somos como nenos porque:
-As lambetadas gústannos a todos; pero moitas veces, esquecémonos dos que non teñen pan.
-Xogar e divertirnos e pasalo moi ben, tamén nos gusta; pero moitas persoas teñan que traballar moitas horas diarias e o que máis precisan é descansar.
-A roupa boa gústanos moito porque somos presumidos; pero hai persoas que pasan frío e confórmanse con que lles deamos a roupa usada que nos sobra.
-Un portátil para moitas persoas é unha ferramenta de traballo. Hoxe en día ata os escolares o usan.
Pero…moitos non teñen acceso a internet por falta de cobertura e outros que non poden pagalo.
-Un móbil tamén é de moita utilidade; pero para disfrutalo os ricos, teñen que sudar moito os nenos do Congo; dos que moi pouco nos acordamos.

Certamente: OS BENS MATERIAIS FANNOS MOITA FALTA porque sen eles non poderíamos amañarnos.
Pero hai outros bens que tamén son moi necesarios:
-OS QUE ALIMENTAN A VIDA INTELECTUAL; pero aínda quedan moitas persoas na cuneta da vida por falta dos medios necesarios e os que poden acceder a eles, moitaas veces non os aproveitan.
-OS QUE ALIMENTAN A VIDA ESPIRITUAL porque: o consumismo e o materialismo acaparan a atención das persoas e esquecen que temos unha alma que salvar.
ENGANADAS VIVEN AS PERSOAS QUE VIVEN PARA ACAPARAR BENS MATERIAIS E TEÑEN ESQUECIDO CULTIVAR A MENTE E ALIMENTAR A ALMA.

Feitas estas reflexións eu pediría: PAZ E BEN PARA TODOS:
Empezando por:

-A PAZ PERSOAL que é a base de tódalas restantes. Se non estamos en paz en nós mesmos, se temos problemas de conciencia porque levamos unha vida desordenada: nada bo podemos esperar nin para nós mesmos nin para os demais.

-PAZ NA FAMILIA que á célula que alimenta a sociedade.
Unha familia e moito máis que unha agrupación de persoas.

A familia ten que estar fundada nos vínculos do amor entre os seus membros.
Os membros dunha familia deben apoiarse incondicionalmente nas duras e nas maduras.
Unha familia ten que ter estabilidade e permanencia no tempo.

-PAZ CO VECINDARIO.
Un bo veciño é como un bo parente ó pe da casa.
Onde hai boa vecindade reina a harmonía e o benestar psicolóxico e social; é dicir: A PAZ E O BEN.

-PAZ A NIVEL NACIONAL entre as diferentes comunidades respectando as súas singularidades aportando cada unha o mellor.

España é rica e variada e ten unha historia moi valorada a nivel mundial.
Non se entende que haxa tantas diferencias entre comunidades, cando todas son necesarias e importantes.

-PAZ A NIVEL INTERNACIONAL para que os gobernos se decaten de que todos nos necesitamos nun mundo globalizado.
Cada país ten as súas riquezas, pero ningún as ten todas. Todos dependemos de todos.
Mellor compartir que poñer fronteiras á circulación de bens e de persoas.
Sabendo compartir, todos saímos gañando.

Despois de tan bos desexos como ompartimos durante as festas que rematamos, cabe esperar que algo melloraremos e será ben para todos.

TER PAZ E BEN É UNHA BOA RIQUEZA.
Pero a paz hai que cultivala, non nace de brote espontáneo.
Hai que traballar moi duro pola paz a tódolos niveis.

"A PAZ NON TEN PREZO"
Este será o título do seguinte artigo.

Desexo paz e ben para as persoas que lean este artigo e tamén para o mundo enteiro.
E para vostede: moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES