Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O xigante de Pedra

jueves, 07 de enero de 2021
Mide case 30 metros, din que en concreto 27, pero engadíndolle a cruz seica son 30. É a torre da igrexa de Baños de Molgas. É coma un xigante de pedra. Pedra de granito, claro. Pedra que movía o señor Oíncho, o meu pai e diversos veciños e obreiros máis da contorna. O señor Oíncho, na realidade, creo que se chamaba señor José. O de Oíncho quedoulle porque cada vez que tiñan que empurrar nas enormes pedras de Pingas de Orballo: O xigante de Pedragranito, el, ó mesmo tempo que xemía coma se rebentase, lanzaba aquela exclamación que máis ou menos lanzamos todos cando empuxamos con moita forza: oooíiiiinnncho.
O xigante de pedra construíuse na década dos 60. Se non recordo mal, no 1963 operouse meu pai dun xeonllo e creo que foi cando andaba a traballar na torre da igrexa de Baños de Molgas. (Aquí fago unha pequena paréntese para dicir que, eu, precisamente eu, o fillo do Manolo da Lola, me alegrei da súa, porque, grazas a ela, foi a escusa perfecta para viaxar por primeira vez en tren. Eu tan só quería subir en tren e importábame un carallo a perna do meu pai que, despois, lle quedaría tesa para sempre. Pero hai que lembrar que este fillo tiña tan só catro anos).
Para chegar ó campanario do xigante de pedra hai que subir un chanzo tras outro ata completar 103, que non é moco de pavo. Arriba, catro enormes reloxos como as rodas dos carros, nos que as agullas son coma os estadullos da herba seca. E un chisquiño máis arriba, xa no propio campanario, catro campás que no día de San Salvador botan a repenicar. Despois, o xigante de pedra queda quietiño e en silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES