Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cuando la tormenta pase...

jueves, 07 de enero de 2021
Y se amansen los caminos/ y seamos sobrevivientes de un naufragio colectivo... Así comeza un poema de Mario Benedetti que ven como anel ao dedo nestes tempos de inquedanza polos que estamos a pasar. O poeta sitúanos nestes versos premonitorios dentro dunha torboada como a que estamos pasando que sen dúbida irá apazugando. Cuando la tormenta pase...Todo pasa e todo queda dicía tamén o noso gran poeta Antonio Machado. O ano 2020 pasou con máis pena que gloria quedando o pesadelo da pandemia axexando decote por todos os recunchos do mundo cos tráxicos resultados coñecidos.

Nas datas nas que un ano capitula temos a costume de cualificalo personalizándoo como se tivese vida propia e tomase decisións e así insultámolo chamándolle ¡cabrón! cando as cousas non foron coma desexásemos que fosen. O tempo ven ser unha dimensión física que representa os diferentes estados polos que pasa a materia, simplificando: os diferentes estados polos que pasamos nós. Moitas das calamidades que lle achacamos ao tempo son consecuencia do desaforado comportamento do ser humano e esta calamidade colectiva pola que atravesa arestora a humanidade xa hai moitos que a sitúan na crenza relacionada co sentimento que ten o ser humano en sentirse o rei da creación e de todo o que habita neste planeta, e como tal con dereito a manipular a Natureza ao seu antollo. Así que menos achacarlle cabronadas ao ano que pasou, de descargar a conciencia dicíndolle o mal que se portou: temos que deixarnos de mirar ao noso embigo e ir na procura de poñer o máximo empeño en facer un mundo máis habitable para todos. Pero témome que non, que seguiremos na tesitura do a min que me rexistren, da agresión sistemática á Natureza, de rirnos do cambio climático, do ande eu quente ríase a xente, en suma de facer o que o corpo nos pide sen reparar nas consecuencias. E as consecuencias ou parte das mesmas están aí encaixadas nun ano que o probe non ten culpa de nada porque nada é, unha dimensión física que medimos e pola que transitamos: nada máis... nin nada menos.

Non é o tempo o que pode facer que as cousas cambien no transcorrer vital do ser humano, somos nós os depositarios desta prerrogativa así que segamos a devastar a Amazonía, a contribuír negativamente no cambio climático, a esnaquizar todo o que se nos poña por diante. E logo coma se non fose connosco botámoslle a culpa ao ano e así lavamos a nosa conciencia.

O meu desexo non vai tan lonxe, a 365 días, así que de momento teñan un feliz fin de semana novo.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES