Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sempre un libro

miércoles, 06 de enero de 2021
Lendo no libro de Manuel Rivas "Zona a defender. A esperanza indócil" atopeime co seu relato "A lectora solitaria e os cen móbiles" no que dicía que "detrás das boas series adoita haber un bo libro". Pero, "o irónico é que resulta case imposíbel ver nunha serie alguén lendo un libro". É verdade! En series ou en películas sempre aparecen personaxes abrindo as neveiras para pillar as súas cervexas, ou fumando, ou correndo, ou axexando a alguén, ou bicando, ou conducindo, ou disparando, ou pelexando, ou Pingas de Orballo: Sempre un librosimplemente estando de pasmóns nun soportal, pero é raro rarísimo ver a alguén lendo. Por certo, a min o das neveiras tenme coa mosca detrás da orella. É que non hai película na que, cando alguén entra na súa casa -ata incluso nas casas de fóra-, se dirixa dereitiño coma unha vela á neveira para beber ou ó moble bar para botar man dunha botella... de whisky, claro. Ata penso que os guionistas non son quen de buscarlles algo ós personaxes para entretelos nas casas; tan só saben recorrer ó alcol.
E seguindo co relato do Rivas, tamén comentaba que houbera unha época na que se lía moito no transporte público, chámense tren, metro ou bus. Agora, claro, os móbiles ganáronlle a batalla ó libro. Desde o ano 1991 non volvín a Madrid, onde a miña paixón era precisamente ler no metro, polo que hoxe imaxino que quedaría pampo vendo móbiles e máis móbiles nas mans. Mais eu prometo que se algún día volvo, no metro, quen me acompañará será un libro, sempre un libro. Aínda que hoxe xa case me dá vergonza ler por un paseo ou no autobús. Ata penso que me miran coma se fora un bicho raro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES