Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O anacoreta

martes, 05 de enero de 2021
Son un anacoreta que vivo solitario nun libro que non ten fin. Subín con el ó alto do Outeiro do Corno e alí instalei a miña existencia ata que o mundo deixe de ser mundo ou ata que eu deixe de ser eu. Non quero ver a ninguén e sei que ninguén me vai ver. Se alguén se atreve a subir ó outeiro, acocharei entre as xestas do meu entendemento. O anacoretaQuero espallar o asubío da miña vida por Sudalomba e polos Currás. Quero contemplar o universo en paz. Son o anacoreta da vila que me viu nacer. Somerxo por entre as páxinas dese libro que non penso escribir. Ó mellor co tempo escríbolle un prólogo de tres liñas para rematalo cun epílogo de tan só dúas. Para que quero escribir máis? Que ten que contar un anacoreta? Falar do silencio ou da soidade que roe? Contemplar as carballeiras ou os lameiros da Tapada dos Ferreiros? Poucas situacións para toda unha eternidade, a miña eternidade.
Un eternidade que será finita, pero que penso estirar, estender, alongar ata que o ruído dun foguete me estoure nun oído. Vivo solitario no monte Medo, contemplando as rulas e as vacalouras que andan polos carreiros da memoria. Son o anacoreta que outea o horizonte e a vista dálle para observar a torre da igrexa de Baños de Molgas. E o oído dálle para escoitar as badaladas da igrexa de Baños de Molgas. Badaladas que queren tocar a... non sei moi ben, quizais a réquiem polos que marcharon ou porque me queren chamar. A min!, precisamente a min!, que non penso partir nunca. E aínda que viva de anacoreta toda a existencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES