Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cen anos dun naufraxio

martes, 05 de enero de 2021
O pasado, día 2, cumpríronse cen anos que se empotrou o transatlántico 'Santa Isabel' nunha rocha da Illa Sálvora preto de Ribeira. Morreron 213 pasaxeiros, máis ou menos, porque podían ir algúns nenos non contabilizados na documentación e pasaxe, e houbo uns 53 supervivintes. Non era o primeiro afundimento... Traxedias que afectan demasiado aos que procedemos de familia mariñeira.

Era un vapor que transportaba emigrantes para Montevideo, Arxentina..., entre os que morreron tres chairegas e un chairego de Felmil e Illán (Begonte), Quintela de Castro de Rei e Pol, que embarcaran en A Coruña rumbo a Cádiz e despois a América. Emigrantes que buscaban o seu futuro nunha travesía brava. Foi unha desfeita que sempre me emocionou, porque a miña familia paterna é mariñeira e a outra rama materna sulcou o océano en moitas xeiras, instalandose en Montevideo onde vin a luz primeira, porén estes sinistros non me son alleos.

Foi un suceso que asulagou os soños daqueles emigrantes e da tripulación. Aquel infortunio deixou unha estela de dor e aflición na pequena poboación de Sálvora que marcou á veciñanza. A miña primeira visita a Aguiño á que agora pertence a illa, antes a Carreira de Ribeira, foi co gran humanista Pepe Chao Rego de Vilalba, e alí coñecín ao que foi o seu primeiro párroco, Francisco Lorenzo, e escoitamos os salaios dalgunha veciña que nos emocionou coa coraxe das "Heroinas de Sálvora" que se tiraron ao mar para salvar aos náufragos.

Sempre mantivemos unha forte ligazón coma se demostrou no 2019 na Romaxe da Madalena onde concurriron ducias de fregreses de Aguiño, e sentindo esta sintonía cordial, lembramos a dignidade que demostraron as súas veciñas naquel accidente, arriscando a súa vida, e que foran ninguneadas por ser mulleres.

Xa no meu circulo máis inmediato, máis tarde, a Asociación Xermolos, montou uns campamentos de verán na lindante Palmeira, tendo diante aquela paisaxe de Sálvora, e alí voltamos a homenaxealas. Xa no 2016, no Ano Manuel María, celebramos as artes das e dos alumnos do CEIP 'Heroinas de Sálvora', a través dos seus traballos no Festival de Pardiñas, cuns fermosos debuxos que me lembraron aquelas pinturas con trazos salgados cos que o crego ilustrou a primeira igrexa da vila. E neste certame, xa outra xeración, Xermolos volveu a mergullarnos no compromiso das súas bisavoas fai cen anos, sentindo aquela paixón e xenerosidade dende este "mar en calma" que é a Chaira cantada por Manuel María.

E así entre luces e sombras a familia de Pardiñas imos coñecendo e vivindo as entranas de todas as comarcas, e nada nos é alleo, de feito seguimos desfrutando das artes desa mariña, así no Pardiñazo, nos 40 anos do festival, con Suso Bello que xa nos agasallara coa 'Compañía do ruido'.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES