Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos coller niños novos (4)

viernes, 01 de enero de 2021
A Poesía en galego de Francisco de Fientosa

I
Imos coller niños novos

Imos coller niños novos
agora que é primadeira.
Na beira do amor somentes
o choupal do corpo dela.

Veo de trenciñas loiras,
nós dos seus seos mellizos.
Baixo a bouta do seu van
xogan os seus pés ós grilos.

Arbre que ten dúas ponlas
de cote a foular, foular:
folla das mans, nervoeiras,
¡ leda historia natural!

Curtizo cheio de agromos
é pola espádoa fendido;
na percura do amor –cerne-
ruben, lizgairos, os bicos.

Choutan o abrente da risa
até aniñar nos seus fíos,
dous xílgaros rebrilaeiros,
até chorar o seu veo.

Monllo xiado no vento,
pranta carrapucheiriña;
os brincos -aloiras de ouro-
debúllanlle as orelliñas.

Moreira, que garda os vermes
moitos do seu pelo rizo;
ameixeiro verdegal
coa bouta dos ollos pícaros.

Ascensión (. . .) en soma
que rebica o sol serodio:
No burato das fazulas
ollade o calco dos ovos.

¡Deus, pola beira do amor
imos coller niños novos.


NOVENA ESTROFA
Remata o poema cunha estrofa de dous versos, moi propia do noso autor, iniciada cunha invocación a Deus

"Deus, pola beira do amor
imos coller niños novos"
e pechando o poema totalmente coa repetición do primeiro e do terceiro verso da primeira estrofa, dándolle unha estrutura pechada a esta composición.

APRECIACIÓNS
Observamos que, Paco Vegaceide ou Paco de Outeiro, está a chamarnos a atención aos lectores, acostumados a poemas onde a beleza da amada e a beleza dos poemas está fóra de dúbidas, mais neste caso reparamos en conceptos que non se acercan demasiado ao ideal de beleza, pois o autor conscientemente váinolo facendo saber ao longo do poema. Como exemplos temos:

Verso 4: "o choupal do corpo dela"
Non é moi adecuado facer unha imaxe deste tipo, a non ser o que quere rirse das composicións que os poetas acostuman a facer.
Verso 6: "nós dos seus seos mellizos"
Que os seos sexan nós, aínda que sexa unha imaxe, é un pouco riseira.
Verso 7: "Baixo a bouta do seu van"
A bouta é a costra da fariña do muíño, pero tamén a bouta coa que se untaban as airas para a malla, era coa bosta das vacas.
Verso 11: "folla das mans, nervoeiras"
Tampouco é adecuado que as mans da amada sexan nervadas e avultadas cando o ideal de beleza é o contrario.
Verso 21: "Monllo xiado no vento"
Dicir que unha rapariga é un monllo supón tamén unha verba despectiva.
Verso 25: "Moreira que garda os vermes"
Verso 30: "...ameixeiro verdegal"
Verso 31: "coa bouta dos ollos pícaros"

É posíbel que Francisco de Fientosa queira romper co amaneiramento propio de todas estas composicións que seguen uns preceptos de beleza arquetípica ao longo da historia da literatura, quedando as metáforas fosilizadas, como por exemplo, "a neve dos teus dentes", e el quere romper con isto como fixo Cervantes tratando de criticar as novelas de cabalería, quizais, por iso escolle tamén unha estrofa bastante vulgar e popular como é a cuarteta asonantada porque esta composición préstase para ser satírica e humorística.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES