Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (3)

jueves, 31 de diciembre de 2020
Lendas sobre o cambio de emprazamento de varios Santuarios.
Na maioría dos santuarios, nos que houbo un cambio espacial, o responsable do mesmo foi o párroco, axudado case sempre por algún veciño da freguesía. Algunhas veces, estes adoitaban levar a imaxe, que se veneraba no recinto sacro, ao novo lugar de emprazamento ás veces que fose mester, ata que os veciños da comunidade decidían construír un novo recinto sagrado no lugar de aparición, pensando que una entidade abstracta e sobrenatural era quen decidía dito cambio. Outras veces, o traslado levábase a cabo ata a igrexa da freguesía.

Todo isto era recollido en lendas, que tiñan como obxectivo dar a coñecer ás diferentes comunidades a razón aparente do cambio. No obstante, os verdadeiros motivos do traslado eran, entre outros, os seguintes: 1º.- Porque o párroco quería concentrar todo o culto da freguesía na igrexa, debido ao alonxamento do santuario. 2º.- Por motivos de índole económica. 3º.- Para mellorar as estradas de acceso ó recinto sagrado. 4º.- Para que a comunidade esquecese os antigos cultos pagáns, existentes no seu lugar de orixe. De todos os xeitos o cambio espacial non era posible, ás veces, debido á presión, que exercían os vecinos do lugar. Nestes casos -segundo a lenda- a todo acto de traslado acontecíalle unha resistencia da imaxe a ser trasladada. A imaxe volvía unha e outra vez -ata tres veces- ao lugar orixinario. O seu retorno posibilitaba que o lugar fora recoñecido e valorado. Era unha manifestación de poder que fai dunha imaxe algo máis que un signo.

2.1.- Lendas sobre o santuario do san Antón de Padua.
Este santuario está emprazado na freguesía de Santiago de Felmil, arciprestado de Trobo, municipio de Begonte e diócese de Mondoñedo-O Ferrol. Hai bastantes anos que a capela antiga do San Antón estaba situada no lugar chamado do San Nicolao. Esta capela tiña uns malos accesos o que motivou que os cregos da actual "Casa de Algara" quixeran construír unha nova capela nun lugar, que tivera mellores accesos. Por tal motivo, estes cregos foron os causantes de que os santos, San Antón e San Xosé, aparecesen ao mencer nun sitio máis axeitado, de onde eran devoltos polos veciños ao seu lugar orixinario, e así unha e outra vez, ata que a capela se construíu no lugar actual. Estes feitos consérvanse na comunidade parroquial por medio da seguinte lenda: "da antiga capela do San Nicolao desaparecían pola noite os santos, San Antonio e S. Xosé, aparecendo pola maña cedo no lugar actual. Os veciños devolvían os santos ao seu lugar orixinario, pero volvían aparecer no mesmo sitio á mañá seguinte, e así sucesivamente". Ademais, chegou un momento no que as portas da capela aparecían tiradas no chan. Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (3)Por tal motivo os veciños de Denune facían procesións arredor da capela e rezábanlle ao santo dicindo: "S. Nicolas, aparécete a nos que o décimo das fabas, pagámolo nos". Os veciños, despois de moitas idas e venidas, acabaron construíndo unha nova capela no lugar actual. Esta lenda intenta reflectir como o cambio foi debido á presión social exercida pola "Casa de Algara" e deste xeito acadar uns mellores accesos para que os cregos da devandita casa puidesen acceder ao novo lugar de culto, situado na mesma freguesía, dunha maneira máis cómoda.

2.2. Lenda sobre o Santuario da Virxe do Monte
Este santuario está situado na freguesía de San Xoán de Sistallo, arciprestado de Baroncelle, municipio de Cospeito e diócese de Mondoñedo-O Ferrol. Dicíase "que hai moitos anos queríase construír unha nova capela da Virxe no centro da entidade de poboación; por tal motivo deixaban durante todo o día a imaxe da Virxe na obra, recen comezada. Ao día seguinte aparecía de novo na capela pequena do outeiro. E isto realizábase varias veces ata que se decidiu deixar a capela no lugar orixinario". Esta lenda tenta amosarnos a oposición veciñal existente ao traslado da Virxe do seu lugar orixinario.

2.3. Lendas sobre o Santuario do San Cosme.
Este santuario está emprazado na freguesía do San Martín de Galgao, arciprestado de Mondoñedo, municipio de Abadín e diócese deMondoñedo-O Ferrol. Sobre o cambio de situación deste santuario hai dúas lendas diferentes:

2.3.1. A primeira delas dinos "que hai anos celebrábase esta romaxe nun monte chamado Os Samordás, e resultaba difícil chegar alí. A capela do San Cosme era pequena, polo que moitos devotos tiñan que marcharse sen oír misa. Un bo día o santo comenzou a desaparecer da capela e aparecer noutro lugar máis fermoso e axeitado. O santo era devolto, e volvía aparecer no mesmo sitio, e así unha e outra vez ata que o párroco convenceu aos veciños do lugar de que o San Cosme quería cambiarse para aquel lugar".

A razón do cambio radicaba en que o novo espacio tiña mellores accesos que o antigo. Polo tanto desde setembro do ano mil novecentos vintecinco abriuse ao culto unha nova capela, máis grandes, situada no barrio da Xesta preto da estrada N-634.

2.3.2. A segunda fálanos "de que despois de que o San Cosme fose trasladado á nova capela, aparecíase no lugar de Samordás. Logo, traíano de novo á capela actual, e volvía a aparecer no seu lugar de orixe sen que ninguén encontrase unha explicación ao fenómeno, de tal modo que algúns veciños comenzaron a considerar a posibilidad de que o santo tivese algún motivo para opoñerse a su traslado a nova capela" . Da primeira lenda deducimos como o crego do santuario deuse conta de que alí non era bo lugar paracelebrar unha romaxe, xa que para chegar a ese sitio había que ir polo monte, debido á falta de camiños. De aí que en aparencia o crego fose o responsable directo do traslado do santo dun lugar a outro por motivos relixiosos e humanos preferentemente. No obstante algúns fregueses do lugar manifestaban o seguinte: "podemos dicirlle que o San Cosme encóntrase na mesma parroquia mais non é o mesmo barrio. Este San Cosme é procedente de Samordás. Neste novo lugar construíron a capela catro señores muy ricos, que facían o que querían da parroquia, mentres os pobres non contabamos para nada". Polo tanto desta nova referencia, sacamos unha consecuencia básica, consistente en que o párroco e algunhas persoas da parroquia, pertencentes a un nivel socio-económico superior, tiñan unha relación importante na toma de certas decisións, algo moi corrente naqueles intres en case todas as parroquias galegas. Da segunda lenda deducimos que algún veciño ou veciños do lugar de Samordás repoñían o santo no seu lugar orixinario. Isto viña a reflectir a oposición veciñal ao traslado do santo.

2.4. Lenda sobre o Santuario do San Adrián e San Xián.
Este santuario está situado na freguesía de Pacios, arciprestado de Begonte, Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (3)municipio de Begonte, diocese de Mondoñedo-O Ferrol. Sobre o cambio de emprazamento deste santuario hai a seguinte lenda: "hai bastantes anos, na campa de Carballido, apareceron as imaxes de San Xulián e San Adrián. Os veciños dese lugar volvéronas ao sitio de orixen, pero como en días sucesivos seguiron aparecendo no mesmo lugar, decidiron construír alí unha nova capela para darlles culto". Esta lenda intenta narrar o cambio de situación do recinto sagrado, que inicialmente estaba situado no vilar do San Xulián, e na actualidade encontrase na mencionada campa, distante un quilómetro e medio do seu lugar orixinario. Agora ben, a verdadeira razón do cambio de situación da capela, segundo algunhas informacións de persoas de bastante idade do lugar, foi a seguinte: "a antiga capela encontrábase situada nun lugar, propiedade da familia de Campos e dunhas persoas da vila de Viveiro,que venderon a súa parte a Antón de María, do lugar de Rañal (Pacios). Nesta capela venerábase ao San Xián e ao San Adrián. A súa festividade tiña lugar o sete de xaneiro. Ese día os devotos deixaban as propiedades existentes ao redor da capela nun estado calamitoso. Isto motivou que os donos de ditas propiedades decidisen trasladar a capela para outro lugar, polo cal levaron de noite as imaxes de ambos os dous santos para a campa de Carballido". Quizais a iñorancia dalgunhas persoas do lugar e a influencia socio-económica dos donos das propiedades, nas que se encontraba a antiga capela, persuadiron aos veciños desa comunidade, para que construíran unha nova capela no lugar de aparición de ámbas as dúas imaxes.

2.5.- Lenda sobre o Santuario do San Vitorio.
Este santuario está emprazado na freguesía do San Salvador de Damil, arciprestado de Trobo, municipio de Begonte e diócese deMondoñedo-O Ferrol. Hai anos o párroco de Damil tentou trasladar a imaxe do San Vitorio para a igrexa da freguesía preferentemente por dous motivos: por unha banda, para concentrar todo o culto parroquial na igrexa, e por outra porque a capela quedaba un pouco distante da antiga rectoral. De todos os xeitos este traslado non foi posible debido á oposición veciñal que houbo na freguesía. Este feito quedou reflectido na comunidade por medio da seguinte lenda: "Aquí era muy molesto vir a celebrar misa e, según dicían, o cura párroco levou ó santo pra arriba nunha carroza tirada por dúas vacas, e as seis da mañá apareceu o santo no lugar orixinario outra vez".

2.6. Lenda sobre o Santuario do San Xián
Este santuario está situado na freguesía do San Pedro Fiz de Baltar, arciprestado de Azúmara, municipio de A Pastoriza e díocese de Mondoñedo-Ferrol. A nivel popular hai a seguinte lenda que tenta explicar o emprazamento actual do santuario do S. Xián (S. Julián). "Hai moitos anos algúns veciños de Baltar encontraron a imaxe do santo a carón da fonte e levárona para a igrexa parroquial, lugar onde se atopaba. Logo seguiu aparecendo varias veces no mesmo lugar, e os veciños volvíana a traer para a igrexa, ata que decidiron construírlle unha capela no lugar de aparición".

2.7. Lenda sobre a Capela de Xoibán
Esta capela está emprazada na freguesía de San Salvador de Xoibán, municipio de Vilalba e diócese de Mondoñedo-O Ferrol. Comentase, a nivel de tradición oral, "que o santo da Capela de Xoibán desaparecía da "Capela das Fontes" de Gaibor (Begonte) e aparecía no monte, no lugar que hoxe ten a capela en Xoibán. Traiano de volta, e de novo volvía a aparecer no monte, e así varias veces, ata que decidieron construirlle unha capela nese lugar quedando alí ata os nosos días".
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES