Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sen testemuñas

viernes, 01 de enero de 2021
A sombra intentaba andar á présa polo carreiro cheo de lama e facendo eses a causa dese bulleiro que o home que ía detrás da sombra quería evitar. O home era Galván Feleiro, O Galo, o fillo de Pancracia Subela e de Hadriano Feleiro, que vivían no alto da aldea e completamente illados. O Galo, de cando en vez ou incluso bastante a miúdo, miraba para atrás, miraba para un lado e para o outro, en completa sinal de furtivismo. A min dáme que se dirixía a algún lugar para realizar algo e sen testemuñas. Galván Feleiro é alto, delgado e con cara de ferreiro. Cando alcanzou un pequeno regato que cruzaba o carreiro, non tivo ningún problema en saltalo sen esforzo.
Ós poucos metros xa albiscou o galiñeiro. Este pertencía a Raimunda Divina, A Xorda. O alcume veulle de cando na Guerra Civil o estrondo dunha bomba lle rebentou os tímpanos. E non lle foi suficiente iso, senón que o guizo dun carballo metéuselle polo ollo esquerdo deixándoa torta ou chosca. Así é que Galván Feleiro, O Galo, sabendo das deficiencias física da Raimunda, corría dereitiño cara ó poleiro coa intención de facerse dono e señor dalgunha ave de curral. Raimunda non oía, case non vía e indo ás agachadas malo sería que houbese testemuñas polo medio. Non obstante, cando chegou á altura do galiñeiro, botou un bo cacho parado detrás dun montón de esterco e observando se había roupa tendida, ou sexa, mouros na costa. Non habendo, entrou e non lle importou que os galos se alporizasen; dunha sentada colleu tres e liscou coma o peido do cu. Xa estaba: comida para uns días e sen testemuñas. Volveu polo carreiro cheo de bulleiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania