Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Conservatorio para Baamonde

miércoles, 30 de diciembre de 2020
Preocupación singular dos gobernantes ten que ser o despoboamento que as nosas aldeas sofren en beneficio das cidades, pola acumulación nestas de postos de traballo, servizos e lecer, impoñéndose a necesidade de fixar e aumentar poboación; conseguir que nenos e mozos que agora están no rural, o día de mañá non o abandonen, e que xente das cidades descubran que é posible vivir de xeito diferente.

Día a día sabemos de artistas que crean na montaña ou na Chaira lucense, artesáns que, utilizando productos do rural, distribúennos por todo o mundo; estranxeiros que, namorados da Galicia verde e fonda, fanse galegos por convicción, constituindo un exemplo no que mirarnos á hora de valorar as posibilidades do noso.

Dentro deste panorama de valoración do rural chama a atención a iniciativa do Concello de Begonte de concentrar na capital do concello os alumnos dos hoxe dous colexios infrautilizados –Baamonde e Begonte- e crear en Baamonde a extraordinaria realidade dun Conservatorio profesional de música no que poidan formarse e realizarse centos de mozos chairegos.

Paréceme que esta iniciativa é a mellor maneira de solucionar problemas futuros, e teño como exemplo o Concello de Ourol, para min moi cercano, que hai sesenta anos tiña escolas rurais con medio cento de alumnos; que logo se concentraron na capital do Concello, a poboacion esmoreceu e o Colexio capitalino pechou tendo agora cono función ser residencia da terceira idade.

Fixar poboación no rural é imprescindible. Unha educación racional, innovadora e con aspiracións como o que se pretende facer en Begonte pode ser a solución perfecta.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES