Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Raimon, Dylan, Mini e Mero

viernes, 23 de mayo de 2008
Raimon, o músico mítico da canción dos sesenta, cantou de novo corenta anos despois, lembrando aquel primeiro recital que resultou revolucionario polo lugar, polo momento, pola música, trascendendo do ámbito puramente musical para entrar na historia. Foi o 18 de maio de 1968. Corenta anos despois, Raimon volveu cantar.

Mítico, con parecida antigüidade no mundo da canción pero a outro nivel económico e de sona, Bob Dylan, que emprenderá xira que terá punto de referencia en Vigo pero non na Coruña, onde non poden afrontar os cinco millóns de custo do recital pero onde se utilizou como argumento que Dylan non tiña tirón.

É Dylan, o da mítica canción “Wigt is Wigt / Dylan is Dylan”; o que reverencia calquera persoa sensible á palabra feita canción. Dylan é demasiado caro para A Coruña. Hai que sentilo polos afeccionados coruñeses e polos que, perto da Coruña, acudirían a velo.

Nós, en Galicia, tamén temos os nosos Raimon e Dylan. Chámanse Mini e Mero. Levan corenta anos investigando, pescudando, conversando, escribindo, compoñendo, contando e cantando.

En Agosto vanlles render unha homenaxe no alto do monte do Faro, en terras de Chantada, no corazón de Galicia, nun lugar mítico para percibir e difundir enerxías... Recibirán a homenaxe rodeados do grupo A Quenlla, a última creación-obra destes dous grandes da nosa cultura e da nosa música, como antes foi o colectivo Fuxan os Ventos, que nos revolucionou por dentro cando Galicia despertou á música e á vida.

Son corenta anos de música os que representan os nosos Mini e Mero. E sen embargo estes dous históricos da canción e da cultura son tan novos como naquel sesenta e oito revolucionario.

Corenta anos de música son corenta anos de historia, de cultura, de vida. Parécenos aínda pouco tempo. A todos estes músicos -Raimon, Dylan, Mini e Mero- quédalles aínda moito que facer, moito traballo e moita vida por diante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania