Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santo Nadal para todos

jueves, 31 de diciembre de 2020
Sempre entendín que as festas nadalencas xiraban en torno ó feito de que Deus quixo facerse humano para demostrarnos o gran amor que ten o Pai por tódalas súas criaturas.

Tamén coinciden co cambio de ano civil no calendario, cunha paga extraordinaria que todos agradecemos e con vacacións para os escolares e outras persoas.

E rematan coa festividade do Reis Magos que, seguindo a Estrela de Belén foron renderlle honra e máis levarlle regalos ó Neno Xesús e aínda hoxe en día seguen traendo agasallos.

SON DATAS DE CELEBRACIÓN, DE ENCONTRO, DE COMIDAS ESPECIAIS, DE AGASALLOS, DE FELICITACIÓNS, DE COMUNICACIÓN, DE LEDICIA, DE TENRURA…

O Nacemento do Neno Deus é a Luz que marca un antes e un despois na Historia da Humanidade.

Sexa cal sexa a concepción que cadaquén teña destas festas, todos nos sentimos irmanados polo desexo de felicidade para todos e de prosperidade para o ano entrante.

Todos experimentamos un certo grao de alegría que se manifesta:
-Na iluminación de vilas e ciudades que adquiren un colorido espectacular.
-No comercio que fai hucha.
-No intercambio de agasallos.
-Nas reunións familiares.
-Nas comidas propias do Nadal.
-Nos sentimentos de solidariedade.
-Nos pesebres que se aprecian por todas partes.
-No canto de pansoliñas.
-Na MISA DO GALO.
-Nas felicitacións nadalencas.
-Nos desexos de: sorte, saúde e properidade para todos.
-Etc, etc…

Resumindo: TODOS NOTAMOS QUE ALGO IMPORTANTE SUCEDE.

Florecen no noso ser interno as emocións maís alegres e máis santas; aínda que a pandemia nos poña límites.

A PANDEMIA, ADEMAIS DE POÑERNOS LÍMITES, ESTANOS DANDO MOITAS LECCIÓNS:

-Quizais nesta situación sintamos máis que nunca o importantes que son para nós as persoas que nos rodean e aprenderemos a valoralas máis.

-Quizais botemos en falta persoas que xa pasaron á eternidade, pero que desde o ceo interceden por nós e esto acércanos un pouco máis á Comunión dos Santos.

-Quizais nos lembremos de moitas persoas que están lonxe por motivos laborais e esto acentúa o noso amor cara a elas.

-Quizais pensemos que a vida hai que aproveitala ó máximo e esto tamén contribúe a darlle máis valor ó que de verdade é importante.

-Quizais a Estrela que guiou ós Magos nos diga algo e poidamos seguila ata chegar a ver LUZ onde antes víamos escuridade.

-Quizais comprendamos que todos estamos feitos da mesma carne e esto faranos máis sensibles ante os problemas alleos.

-Quizais comprendamos que podemos ter un Nadal Santo aínda que nos toque vivir tempos difíciles porque nas dificultades sacamos o mellor de nós.

-Quizais comprendamos que podemos celebrar o Nadal acompañando na distancia e esto axudaranos a ser agradecidos a tantas persoas que se esmeran por facilitarnos a vida.

-Así ou doutras moitas maneiras emprenderemos un novo ano con forzas renovadas.
E 2021 traerá paz e ben.

“PAZ E BEN”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

¡Feliz saída e entrada de ano!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES