Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Son uns pedichóns

viernes, 23 de mayo de 2008
O mundo empresarial (hoxe en especial pola crises dos grandes construtores) e a banca sempre falaron e falan do liberalismo e do libre mercado. Sempre atacaron con saña a inxerencia estatal, pero cando as cousas non viran ben, corren como coellos a xunto papá estado para que lles quiten as castañas do lume.

Isto ben a conto pola nova que lin fai uns días sobre os nosos banqueiros españois que din que son moi “liberais” e sempre lles gustou iso da Unión Europea e a Unión Monetaria. Pasoulles pola testa unha solución dun enxeño que da noxo soamente o escribilo: acudir ao fondo de reserva da Seguridade Social, o chamado peto das pensións para que os saque da crises. A hipocrisía e o cinismo e tan grande que calquera se pon a pensar remexendo os miolos, e de tanto remexer, sacas a conclusión de que están de “coña mariñeira”.

Temos que lembrar xa fai uns anos cando nos dicían que o fondo de pensións estaba en déficit e nos aconsellaban facer fondos de pensións privados, daquela os bancos puxéronse as botas ata os xeonllos.

Agora pretenden convencer ao persoal que facendo esa operación á conta do estado todo o mundo vai saír gañando. ¡Anda xa!. Que pensan, que aínda estamos a chupar o dedo; temos un refrán moi ao galego que di: “no ano caro, a peneira espesa e o cribo claro”.

Sempre estiveron a reivindicar aquilo que xa estou canso de escoitalo: privatización dos beneficios e socialización das perdas; cada quen destes banqueiros fala da feira segundo lle vai nela.

Hai que ter unha cara como un zapato vello. Facer ben a estes “liberais” pedichóns é como botar auga no mar.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES