Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: De procesión

miércoles, 30 de diciembre de 2020
Pingas de Orballo: De procesin Saio á "procession" coa música de Vangelis para buscar ese espello que me reflicte os pensamentos. Polo camiño vexo uns ollos que me miran de esguello e penso que é a desconfianza daquel calvario con destino a Getsemaní. Logo dou un paso tras outro e cando canso sento debaixo dun balcón e espero a que saia a esperanza dun tempo, do meu tempo. Levo a procesión por dentro. Remata o día, asoma a noite e volvo polo camiño cheo de pedras que me leva á almofada dos soños. Porque soñar é bonito para contemplar o sorriso máis aberto que vin sobre un papel en branco que, pouco a pouco, se cubrirá de versos. Versos ditados por unha pluma chea de lamentos.
Sinto como a "Nicaragua" de Jerry Goldsmith me leva por entre os corredores dun castelo no que habita a sempiterna princesa do conto. Porque en todos os castelos hai princesas e todos os contos tamén son bonitos. E escribo parágrafos para chegar ás pasaxes nas que os sentimentos se mesturan coa realidade dunha busca romántica, infinita e eterna. Subo ata Os Castros para berrar e rachar o silencio. Alí berro sen medo. Berro para que se me escoite. Berro.
Corro detrás das "medias negras" de Sabina porque pertencen á ilusión dun tempo. Desa ilusión que me arrastra, que me leva polos somnambulismos da noite, de calquera noite, de todas as noites. E todo se volve roxo, brillante, definitivo, universal e inmortal. Quizais alguén pense que corro detrás dunha quimera, pero eu ben sei que a esperanza é a virtude que espero recibir do espello cuberto de bafo a causa da súa acendida esencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES