Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

#CertameVilariñas2021 Convocatoria

lunes, 28 de diciembre de 2020
Bases

A agrupación poética de base NPG Nova Poesia Guitirica e a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares convócan a V edición do Certame VILARIÑAS de micropoemas no que poderán participar todos @s escritores/as que queiran.

A participación neste concurso é completamente de balde.
#CertameVilariñas2021 Convocatoria
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

O tema será "Libre". Cada participante podrá enviar un máximo de UN micropoema que debe estar escrito en GALEGO en calquera das normativas, ou portugués acompañado dunha foto ou imaxe e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato Word.

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de UN micropoema a concurso e cada un deles serán xulgados conxuntamente coa imaxe que o acompañe.

Admitiranse obras desde o 1 de xaneiro até o día 31 de xaneiro de 2021, ás 23:59 horas.

A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contido do poema coa súa imaxe. O xurado estará composto pol@s poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Entre os micropoemas participantes, escolleranse aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web www.npggazeta.gal. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica, e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidad@s.

Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos e dixitais que considere oportunos".

@s poetas que forman parte da NPG Nova Poesia Guitirica poderán parricipar pero os seus poemas non entrarán a concurso.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES