Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

María Reimóndez, autora de LIX, cos valores como bandeira (II) A lingua

miércoles, 30 de diciembre de 2020
Mara Reimndez, autora de LIX,  cos valores como bandeira (II) A lingua No artigo anterior pasaba unha visual ao tratamento da lingua propia e as outras linguas na obra infantil de María Reimóndez, comezando con O xeito das froitas e a serie de Usha.

Continuarei esa viaxe... Neste caso, en O monstro das palabras volvemos a atopar unha dedicatoria que nos remite á lingua "Con agradecemento a todas as persoas que mantiveron vivo o galego para que dende el eu tamén poida vivir. Con esperanza a todas as nenas e nenos que o seguirán mantendo vivo no futuro. No presente. Agora!". Porque,segundo se afirma, a lingua lle dá nome a todo o que existe, é creada entre todas e todos os falantes ao longo do tempo, nunha evolución que nace do contorno no que vive, pero nesta ficción existe un monstro das palabras (ao servizo do Clan de poder) que quere deixar mudos aos humanos, e contra el, loitan as lexicografía que conservan e ensinan o esquecido.

O mostro vaise adaptando aos novos tempos, nesta ocasión foi directamente "á escola porque aprendeu que as nenas e os nenos sodes perigosos", e "creou a loita entre linguas. Linguas poderosas que dominan (invaden e colonizan) e linguas que loitan por sobrevivir". Aparecen termos como diglosia, fálase directamente da situación do galego e dise sen embagues que "quen non ten voz non existe", sexa muller ou nación.

A lingua conta en todos os sentidos, ata o punto de afirmar: "Mirade, o monstro o que busca é a dominación, o desentendemento. Cómpre facerlle entender a quen fale esoutra lingua que non poden impoñela aquí, que nós xa temos a nosa. Cómpre que comprendan que cada lingua pertence a un pobo ou cada pobo a unha lingua, non o teño claro."Si, debemos ter claro que "Cando non hai diálogo só queda a violencia para conseguir o que queremos, non podemos escoitar outras opinións, crecer, compartir". Defender a lingua é a misión das lexicografía e das nenas que colaborarán con elas como levan todo o tempo do mundo facéndoo coas fadas, trasnos de demais seres da imaxinación e así nos explican as razóns e a estratexia: "Porque a lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos, nos nosos cerebros cando pensamos. (...) Primeiro había que usar palabras vellas que nos semellaban perdidas. Logo palabras novas para os inventos. E finalmente os refráns, recuperalos para acabar con el." (...) Porque comprendemos á fin que os nosos esforzos só terían resultado se se baseaban nesa colaboración estreita con todo o mundo que nos rodea. Que de nada vale escribir os libros máis fermosos se non hai ollos que os lean.(...) "Quedaban moitos libros por escribir, moitas palabras por crear, moitas por recuperar. Moito. Moito por falar".

E si, xa o sabemos: "Nin esta nin ningunha vida comprometida é doada!" pero evitar que morra a lingua é unha misión imprescindible.

María Reimóndez está neste mundo, sen sacar os pés da terra (a pesar das súas viaxes), sabe que temas necesitan ser tratados e que rapazada necesita verse reflectida nos seus personaxes. Grazas, unha vez máis por ese esforzo.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES