Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comisión de festas en Vilalba

jueves, 22 de mayo de 2008
Cada comisión é un milagro, porque supón atopar un grupo de persoas que se lie a manta á cabeza e se dedique a traballar para conseguir diñeiro, organización, actividades, e que os vilalbeses cadren contentos do resultado festeiro que se pode botar por terra se o tempo non axuda, se algún acontecemento adverso torce as cousas ou se, en fin, non colaboran todos os santos como se fose costa abaixo. Oito homes e unha rapaza, a maioría de arredor de trinta anos posaron satisfeitos para unha foto para a prensa escrita –faltaba un deles- nas escaleiras do concello, e cabe supor que están xa traballando duramente.

As festas van durar quince días, e eso está ben, porque despois de tanto esforzo é mellor non escatimar días e que se note no pobo o ambiente durante o maior tempo posible.

Nos últimos anos non se pediu polas casas escqapando dun atávico costume que supoñía unha peregrinación mendicante de todos os comisionados, repartíndose o pobo por zonas. A verdade é que mellor será que busquen outras fontes de financiación para non ter que baixarse ás visitas a particulares, que sería cousa de nunca acabar. Teñen, eso sí, de partida, unha cantidade imporante nos 70.000 euros que aporta o concello para a financiación das festas. Pero eso a moi pouco chega cando se trata de contratar atraccións importantes, especialmente as orquestras que se cotizan no verán a precios millonarios.

As festas son algo moi importante nos pobos e cidades... Xa non digamos en Vilalba, que son acontecementos que ano tras ano se reviven, con centos de anos de historia, que forman parte da nosa tradición. Mantelas vivas e intentar melloralas pouco a pouco é cuestión primordial para nós e para todos os colectivos urbanos que poden permitirse este xeito de destacar e de expresarse.

Cando unha pequena parroquia ou pobo deixa de ter festas patronais, é mal síntoma, case de consunción ou desaparición. Rescatar esas festas é síntoma de revitalización.

Begonte é un bo exemplo. Resulta que todas as parroquias celebran anualmente as súas festas patronais; todas menos a capital do concello. Na capital begontina non se celebran as festas do San Pedro desde hai anos, pero neste 2008 unha comisión de rapaces intenta revitalizalas. E seguro que o van conseguir.

Dunha parte, os membros da comisión, están visitando a particulares e pequenas empresas para conseguir fondos. Doutra, o propio alcalde está visitando empresas para pedir colaboración. Todo, na percura dunhas boas festas do San Pedro, a finais de xuño, en Begonte.

Temos, pois, garantía de festas do San Ramón que nos deixen quedar ben como pobo, aínda que o Concello non terá o reforzo que pensaba en canto á policía municipal se refire xa que a Consellería de Presidencia non contou con Vilalba á hora dos reforzos de verán das policías locais. E non concedeu axuda con este fin, polo que o noso concello estudia aportar os seus propios fondos para que coma sempre os policicías municipais se vexan reforzados durante as festas.

Esto vense facendo en moitos lugares nos que a a tividade de inverno non require maior esforzo, e en cambio precisan atender o incremento de actividade no verán.

E pode haber casos extraordinarios como Lugo e Ferrol. En Lugo, por exemplo, onde os policías municipais téñenlla xurada ó Alcalde López Orozco, e tanto se poñen en folga de brazos caídos durante as festas como deciden pedir baixas en gran número de xeito que cando se precisan uns policías para determinado servicio non os hai. E pode haber turnos en que en toda a cidade non hai máis de catro ou cinco gardas municipais. E a sí levamos non sei canto tempo.

Estes problemas requiren tempo, e tempo polo que se ve sóbranos. Polo menos tárdase en atopar solución a unha carencia que se nota nas rúas, nas noites, na circulación.

Pero Vilalba, afortundamente, leva mellor o tema.

Remato cun apontamento que me fixo Bernardo García Cendán sobre un anterior artigo cando falaba da administración dos coches de linea que estaba situado entre a Librería e a casa dos Anduriña.

Lémbrame, e con moita razón, a administración de coches na Casa de Anxel Rego, xunto ó calexón que baixa á Porta de Cima, de onde saían moi cedo os coches para As Pontes e Ferrol… Alo polas seis e media da mañá, vendíanse os billetes para o coche que supoño saía ás sete, e no que teño ido ben veces ás feiras das Pontes onde vivían meus avós maternos.

Entre as moitas cousas en que Bernardo me gaña é en seguir vivindo en Vilalba, polo que ten todas as informacións moito máis frescas ca as miñas. E ademáis, polo que se ve, en memoria.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania