Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuízo ao 2020

miércoles, 30 de diciembre de 2020
Os antigos mentireiros acostumaban a empezar na parte traseira da portada cun xuízo a dúas columnas que continuaba na última folla do mentireiro. Neste xuízo ao ano recollían todos os avatares para eles salientables.

Eu tomei esta costume pero dos sermóns do entroido que realmente tiñan a mesma finalidade, non sendo outra que repasar o ano e, envoltos no traxe libertario de Don Carnal, falar sen censura. Hoxe os sermóns sérvenme a min para evitar o politicamente correcto. Mágoa que a visita de Don Carnal sexa sempre tan fugaz.

No 2021, se a coroa mo permite e o virus non mo impide, aproveitarei de novo o paso de Don Carnal para facer das miñas. Desta volta non hai moitos motivos para o humor pero nunca houbo tantos motivos para a crítica mordaz. O xuízo ao 2020 é duro porque nos privou de cousas que ninguén se atreveu a arrebatarnos. Provocou soidades e deixa demasiada auga salgada vertida dos ollos. Non en tanto, tamén nos deixa curas de humildade e cabalos de soberbia freados en seco. A pregunta é a de sempre: se disto sacaremos unha boa aprendizaxe para o futuro. Unha aprendizaxe que poña a sanidade, os servizos sociais, a autonomía persoal e a educación por riba de todo; sobre todo por riba de tanto vividor a conta do lombo alleo.

O 2020 merece un xuízo duro e contundente pero se tan sequera nos deixa ensinado a vivir e a non aceptar o moralmente inaceptable quizais, a longo prazo, poidamos miralo con respecto e algo de agradecemento.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES