Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A báscula de pesar multimillonarios

viernes, 25 de diciembre de 2020
En 2015 colocabas a 62 nun prato da balanza e a súa riqueza pesaba tanto como a de 3.500 millóns de persoas, a metade da Humanidade. Un ano antes, na Balanza dos Millonarios tivemos que colocar uns poucos máis, 82. E só uns anos antes, un quinquenio, en 2010, necesitamos 388 para que a súa riqueza igualara a metade da Humanidade. Agora en 2020, os milmillonarios da balanza collen nun microbús.

Ou sexa, a desigualdade alimenta a desigualdade. E a voracidade da cobiza xamais é saciada. Hoxe, o 1% das familias máis ricas do mundo a acumulan máis da metade da riqueza. Iso sen contar a que se agacha no alcantarillado dos países fiscais.

Como quinto xinete da apocalipse, a desigualdade aumenta en case todo o mundo: en USA, en Rusia, en China, en Europa o diñeiro carece de ideoloxía. E en época de globalización, tamén de fronteiras. Os muros, éche cousa vista, só frean un pouquiño ás persoas.

Aquela máxima bíblica de que 'ao que ten se lle dará e ao que nada ten, aínda iso lle será arrebatado' semella hoxe o único mandamento económico.

Mentres unha presada de megarricos, o 0,01% ve como aumenta a súa riqueza, centos de millóns de seres humanos sobrevive con menos de dous dólares e moita dor diaria.

Pero no ceo das máis ricos tamén hai nubarróns: a desigualdade é perigosa, unha espada de Damocles que ameaza ao planeta enteiro. De tal xeito que ata hai millonarios como W. Buffet tiveron que recordar que non pagaban suficientes impostos. Eses benditos impostos que manteñen a circulación sanguínea da familia humana.

Á lóxica inhumana e autodestrutiva da incesante e inevitable acumulación de riqueza debera corresponder unha máis potente distribución dos ingresos e da riqueza de todos os membros da familia humana. Pero nestas, chegou Trump e todo foi a peor: máis desigualdade. Velaí ao señor Bezos dono dunha inverosímil fortuna de más de 135.000 millóns de dólares.

Á distopía dun mundo tenebroso onde unha inmensa minoría acumula a maioría dos recursos do planeta debera corresponder a utopía de distribuila máis equitativamente. Hoxe, moitos factores traballan activamente a favor da desiguadade: o sexo e a etnia, as habilidades individuais e a idade, as crenzas e as oportunidades educativas, a alimentación e a sanidade, o poder e a certas políticas. Tampouco parece fácil medir as desigualdades, nin as reaccións violentas que provocou e vai provocar no futuro. Na aldea global ninguén pode vivir illado do outro, ninguén se pode salvar só.

Agora o coeficiente Gini, 1 todo para un, 0 máxima igualdade, é a mellor balanza para medir as desigualdades.

Ou reequilibramos un pouquiño o reparto da riqueza ou o camiño desbocado cara a desigualdade levará a éxodos masivos e estoupidos de violencia.

De momento a Balanza para Pesar Millonarios xa non se queda no 1% nun prato e o 50% da Humanidade e noutro. Agora só é o 0,01% o que copa o prato dos milmillonarios. Así de desequilibrado está o fiel da balanza.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES