Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (2)

jueves, 24 de diciembre de 2020
II.- Tipos de Lendas Relixiosas
En canto as lendas relixiosas -tema do traballo- de contidos sinxelos, tentan reflectir algúns feitos ligados ás diferentes imaxes deveneración e ao que aquelas simbolizan. Neste tipo de lendas, distingo catro modelos.

1º. Lendas sobre a orixe dalgúns Santuarios.
2º. Lendas sobre o cambio de emprazamento de varios Santuarios.
3º. Lendas sobre as pegadas de elementos sacros nas rochas.
4º. Lendas sobre varios feitos transcendentais acaecidos nalgúns Santuarios.

1º. Lendas sobre a orixe dalgúns Santuarios
As lendas relixiosas de aparicións de imaxes son a manifestación dunha relación, Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (2)que se establece entre unha comunidade cunha imaxe e o que representa, e ademais cun lugar, que é o punto de encontro entre o humano e o sagrado. Estas lendas tentan conceder unha concreción ao ser sobrenatural. Isto quere dicir que un símbolo universal corvírtese en particular polo lugar. Os lugares de aparición, moitos dos cales encóntranse alonxados das poboacións, no campo e no monte, foron valorados como lugares de culto por medio da lenda. Nestes lugares as comunidades respectivas cambiaron o espacio, construíndo dun xeito permanente santuarios. Isto determinou a futura función de tales espacios e amosou a profunda transformación que a manifestación dunha imaxe implica. "Inzan as léndas encol das ermidas sobor da súa orixe como aparición dunha imaxe que,cando se quere levar pra outro lado, desaparez e xurde de novo no mesmo lugar, indicando os desexos de que alí sexa onde erga a ermida...".

1.1.- Lendas sobre o Santuario do San Vitorio de Damil (Begonte).
Este santuario está emprazado na freguesía do San Salvador de Damil, arciprestado de Trobo, municipio de Begonte e diócese de Mondoñedo-O Ferrol. Por medio dunha serie de lendas procúrase dar unha explicación á orixe do santuario, á fonte do santo e, tamén, a unha das peticións fundamentais hai anos, como era, a curación da sarna. Unha delas dinos "que ao chegar o San Vitorio a este lugar sentiuse mal, cheo de sarna e ampollas, e aquí morreu, pedindo que lle construíran unha capela". Agora ben, no interior da capela hai dúas imaxes do San Vitorio, que teñen un importante siñificado simbólico, que estaría en contradicción coa anterior lenda. Así coméntase "que o San Vitorio pequeno era leñador e tiña a sarna; por tal motivo non crecía. Despois de que se lavou na fonte recuperou a saúde e medrou, aparecendo logo o San Vitorio máis grande”. Por outra banda hai outra lenda que chegou aos nosos días de dous xeitos diferentes: así comentase " que un crego que atendía a capela do San Vitorio vendeu as polas duns carballos milenarios, que había xunto a capela, e debido a eso morreu sarnoso" . A súa forma antitética e "que o crego, arrepentido polo que fixo, pediu perdón, aparecendo xunto á capela unha fonte que tiña como finalidade curar a sarna" . Este tipo de lendas utilizábanse como barreira e ocultamento na memoria popular de antigos cultos pagáns, ligados coas fontes, cos penedos, coas árboles… Con todo certos rituais levados a cabo ao carón dunha serie de pedras, fontes, bosques, etc... foron aproveitados polo cristianismo, sempre que o xustificasen posibles rendementos. Polo tanto a nova relixión adaptouse na medida do posible aos cultos ancestrais coa finalidade de ganar adeptos para a súa causa, polo cal cristianizou pedras, fontes, mananciais, etc... Finalmente as lendas de aparicións de imaxes son non só a xustificación dun lugar de culto, senón tamén un contido da crenza que a comunidade asume como suplemento ao dogma católico.

1.2.- Lenda sobre o Santuario da Nosa Señora de Bascuas.
Este santuario está situado na freguesía de San Salvador de Parga, arciprestado de Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (2)Parga, municipio de Guitiriz e diócese de Mondoñedo-Ferrol. As persoas da comunidade comentan “que hai moitos anos ao carón da fonte apareceu a Virxe, o que deu lugar a que lle puxeran o nome do lugar, e a que lle construiran unha capela”.

1.3.- Lenda sobre a capela do San Nicolao de Torre.
Esta capela está ubicada na freguesía de Santa María de Torre, arciprestado de Terra Chá, municipio de Vilalba e diócese de Mondoñedo- O Ferrol. Esta capela foi construída probablemente no último cuarto do sécul XVIII tralas vicisitudes, que lle aconteceron ao capitán de fragata Diego de Pazos, natural do lugar de Penahedrade, freguesía de A Torre. Coméntase “ que este mariño nunha das súas travesías oceánicas estivo a piques de naufragar o que deu lugar a que se ofrecese a San Nicolás, santiño que os seus pais gardaban na súa casa. Pois ben, este oficial da mariña ofreceulle ao santo construir unha capela no lugar máis alto da freguesía, se saía libre do perigo. De volta na casa, dixolle ao seu pai que lle tiña que construir unha capela ao santo no lugar máis alto, debido ao ofrecemento que lle fixera. Sen embargo, o pai non estaba polo labor, o que deu lugar a que o seu fillo cambiase pola noite o santo ao novo lugar e, así, varias veces, ata que deu convencido ao seu pai de que o santo quería que lle construisen unha nova capela no lugar, que xa elixira previamente o devoto” .
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES