Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O noso remo tamén emigra

lunes, 28 de diciembre de 2020
Antes, a maior parte da xente que emigrábamos éramos os mozos e mozas das aldeas, para traballar na industria e nos postos menos cualificados que non querían os nativos e arestora emigran mozos e mozas ben preparados nas nosas universidades; científicos, profesionais de enfermería e medicina, etc. porque no SERGAS terían que encadear contratos de poucos días ou agardar sentados a que os chamen por teléfono, como O noso remo tamén emigradicían estes profesionais ao diario NÓS, e deciden facer a maleta para emigrar a outros territorios do Estado ou países europeos na procura unha maior estabilidade profesional e económica. Todo isto é produto da incompetencia secular dos gobernantes que nos dirixen desde Madrid e dos desnacionalizados que temos na Xunta de Galiza. Preparamos á xente para que vaia curar enfermidades e investigar para outros pobos.

Tamén preparamos deportistas de elite, que por desleixo deses gobernantes teñen que emigrar a outras terras onde son mais recoñecidos, mellor pagados e con mais posibilidades de triunfar que na súa propia. Este é o caso dos catorce remeiros e catro remeiras galegas que militan en diferentes clubs de remo do País Vasco e do adestrador de Zierbena, Xan Zunzunegui, todos eles nas maiores categoría do remo estatal.

Por iso quixera hoxe falarlle ao lector de catro deles; dos éxitos e triunfos deportivos de Fernando Rúa, Diego Hermo, Davide Iglesias e Oscar Viudez, remeiros da Sotera de Santurtzi, que tiveron a amabilidade de contarme, catro horas antes de gañar, con esa traíña, a bandeira de El Corte inglés e o campionato de Liga ACT de remo, o pasado 20 de setembro en augas de Portugalete.(1)

De Fernando Rúa podemos dicir que so exerce de emigrante os fins de semana, xa que traballa e adéstrase en Galiza e os fins de semana trasládase da ría de Vigo á ría do Nervión.

Empezou a bogar en Tiran, no que estibo naqueles anos de apoxeo, gañando con ese club os campionatos de España dos anos 96 e 97 e quedando segundos na regata da Concha de 1996 despois de gañar as dúas quendas, polo que considera que esa regata é moi inxusta, pois non é de recibo gañar as dúas quendas e quedar segundo. Di que alí inflúe moito a mar e a canle que che toque. Nós este ano gañamos a primeira quenda e despois quedas a 19 segundos porque as circunstancias do mar cambiaron e para o outro día saes pensando que xa non tes opción. Xa vas coa mentalidade de que non vas ser campión. Mira onte! Éramos os mesmos rivais e non había tanta diferencia entre nós e Hondarribia, pero ao ir un ao lado do outro ganámoslles a bandeira.(2)

Naquela época de bonanza estaba de adestrador en Tiran, Xosé Manuel Francisco, segundo el, a personalidade que mais sabe de remo de todo o Estado Español, pero ao irse para Kaiku el deixou de remar, porque pensaba que sen Xosé Manuel era moi difícil gañarlle aos vascos, que incluso xa tiñan médicos e moitos mais medios.

Despois convenceuno para ir con el para Astillero (con Luis Pazos, que aínda sigue en Ares con cincuenta e pico anos e David Pérez, que sigue en Astillero), no que gañaron daquela seis campionatos de España, entre o 2002 e 2009. Fernando estivo un ano enteiro vivindo alí, pero como non lle gustaba o ambiente de Cantabria e botaba de menos a súa Moaña natal, quixo irse. Sen embargo o club quería que se quedara e fíxolles a proposición de que pola semana iría traballar e adestrar en Galiza e os fins de semana estaba alí. Dese xeito botou en Astillero entre o 2002 e 2009, quitando o 2003, que bogou en Meira.

No ano 2010 Xosé Manuel Francisco ficha por Bermeo Urdaibai e lévao con el, pero, despois de estar alí dous anos, Xosé Manuel marchouse angustiado e deixou o remo, por que, segundo Fernando, as iconas sagradas do remo vasco non podían permitir que un galego, que gañou oito Campionatos de España, unha Liga e catro Conchas, soubera de remo mais que eles. Cansouse do remo e agora está de patrón nun atuneiro.

Pero el segue en Bermeo, primeiro con Etxabe e logo con Jon Salsamendi, e estando nese club tivo que operarse dun ombreiro que se lle saía continuamente, debido a un accidente laboral, ao bater contra un pontón da batea na que traballa, e tivo que deixar de remar. Pensaba que xa con 43 anos non ía poder remar mais e estivo na vila de Cangas de adestrador de rapaces durante dous anos. Como el seguía en forma, no 2018 chamouno o compañeiro de cando bogaban na Bou Bizkaia de Bermeo, Iker Zabala, que adestraba á Sotera de Santurtzi, á que acababa de subir á Liga ACT.

Non se queixa da afección que hai en Galiza, pero o que pasa, di, é que si saen remeiros bos chegan os vascos cos cartos e lévanos.

Outro que so emigra os fins de semana é Diego Hermo, xa que entre semana vive, traballa e adéstrase na Coruña. Naceu en Noia e empezou a remar na Pobra do Caramiñal. Despois, con 11 anos, foise para León e, como non había mar, non podía practicar ese deporte, polo que empezou a xogar ao baloncesto, pero ao ver que pasaba o ciclo e non xogaba no seu posto, deixouno. Volveu a Vigo e despois á Coruña. Alí pensou en facer un cambio, acordouse do remo e chamou a todos os clubs da zona, pero so Perillo tiña remo e alí empezou.
O noso remo tamén emigra
Chegou á Sotera porque; Iker contactou comigo e xa coñecía a moitos compañeiros. Eu estaba no Kaiku, ofrecéronme a oportunidade e aquí me quedei.

Ten o remo cono un divertimento, pero quéixase de que en Galiza, os recursos e a afección non é a mesma que no País Vasco. En Galiza pode haber en Cabo da Cruz ou en Moaña, nas que está mais arraigado, pero, por exemplo, na Coruña é residual. Van os que o practican e os seus familiares. Di que cando non hai afección é moi difícil atopar un empresario que colabore e pensa que si outros deportes, como o fútbol, o baloncesto ou o balonmán acaparan tantos deportistas é difícil que veñan ó remo. Agora, onde hai mais é na zona do Grove, e Ferrol empeza a ter algo. En Cabanas tamén empezou a xente a seguilos e na Coruña, que é un núcleo onde, malia ter tanta poboación onde se poden sacar varas, non se sacan.

Di que, antes na Coruña facíanse os campionatos de España e nas regatas do Teresa Herrera enchíase a dársena enteira. Esa bandeira era unha das mais importantes do Estado e os vascos sempre quixeron ir a ela, porque era unha bandeira que daba moito diñeiro. Chegou a dar cerca dun millón de pesetas ao gañador. Arestora aínda se celebra, pero ten moita menos repercusión. Pasa o mesmo que co fútbol, cando el Depor estaba no seu apoxeo; co remo pasa o mesmo. Pero en Galicia hai unha tradición de remo, senón non habería uns 350 clubs.

O grovense Oscar Viudez empezou a bogar en Mecos, o club do seu pobo, no ano 1998. Saíu buscando un pouco de ambición e un proxecto deportivo con garantías de chegar ao mais alto. Desde fai dez anos vive e traballa en Bermeo e leva varios mais fora da casa, polo traballo e polo remo. Anteriormente estivo en Santander catro anos, despois en Bermeo e este ano tivo a oportunidade de vir para Santurtzi.

O remo en Galicia non ten tanta repercusión como pode ter aquí, aínda que na miña área está moi estendido. Afección si hai, moita. Na miña zona, no Grove, en Moaña... En Galicia o remo está moi estendido e o tema de ter rías facilita.

Davide Iglesias, tamén do Grove, empezou a remar en Mecos en 1998 e rematou alí en 2010. En 2011 chamárono de Castro Urdiales, onde tamén estivo en 2012 e logo en Bermeo, de 2013 a 2018.

Tamén chegou á Sotera da man do adestrador bermeotarra, polo que lle gustou o proxecto que tiña en Santurtzi e veu. A min Iker xa me levara a Bermeo cando el aínda estaba de remeiro. Leva o remo no sangre desde pequeniño. É un líder, dinos. E debe ter razón, por que ademais de subila fai tres anos á máxima categoría, este ano gañaron, ademais da Liga, cinco bandeiras, dúas delas en Galicia.(3)

Oscar e Davide, como tiñan que vir de Bermeo, chegaron un pouco mais tarde e non lles deu tempo a contarnos todo o que quixeran, por que todos eles tiñan que ir gañar a bandeira de El Corte Inglés e o campionato da Liga ACT.

A historia destes catro deportistas amósanos que tampouco é alleo o mundo do remo a ese drama secular do noso pobo, pero aínda que, por desgraza, teñan que profesar as súas aptitudes deportivas lonxe da terra que os viu nacer, os emigrantes galegos en Euskadi facemos nosos os seus triunfos e estamos orgullosos deles porque chegaron ao cumio dese deporte, e polo cariño, admiración e respecto que lles teñen os seguidores do remo vasco.

NOTAS:
1.- A entrevista con eles tivo lugar o día 20 de setembro as 9:30 horas, 4 horas antes de gañar a Liga ACT e a bandeira de El Corte Inglés en Portugalete.
2.- Refírese á Bermeo Hiriko. XXXVIII Ikurriña, celebrada o 19 de setembro, o día anterior á entrevista
3.- A VI Bandeira Cidade da Coruña e a XXX Bandeira do Concello de Boiro.
Río, Raúl
Río, Raúl


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES