Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos o que damos

jueves, 24 de diciembre de 2020
¿Por qué brilan moitas persoas?
-Polo guapas que son?
Algo si pero non é por mérito propio. O aspecto externo atrae a primeira vista; pero a verdadeira beleza é a dunha alma pura e limpa.

-¿Polos cartos que teñen?
Se os saben compartir, si; pero se os acumulan egoístamente de pouco lles valen.
A verdadeira riqueza consiste en compartir.

-¿Polo intelixentes que son?
Depende do uso que fagan da intelixencia.

-¿Polo ben que visten?
Alegran a vista corporal; pero o esencial está no que se ve co corazón.

-¿Porque pertencen a unha boa familia?
Pertencer a unha boa familia é un bo respaldo pero o que contan son as boas obras da propia persoa.

-¿Por vivir nun país economicamente moi próspero?
A economía do país tamén é favorable.
Pero a verdadeira prosperidade son os logros que cada persoa consegue por méritos propios.

-¿Por ter varias carreiras?
Ser bo estudiante é un mérito. O saber non ocupa lugar. Todo canto se aprenda é poco.
Pero a vida é moito máis.

CANDO UNHA PERSOA BRILLA; BRILLA POLO QUE DÁ CADA DÍA E POLO QUE DEIXA DADO Ó LONGO DA VIDA PARA AXUDAR A BRILLAR A OUTRAS PERSOAS.

Admiro profundamente o valor das persoas que se esmeran todo canto poden:
-Para ser boas persoas, en primeiro lugar.
-Para labrarse un porvir para ser persoas de proveito.
-Para ser fillos exemplares.
-Para ser bos pais e nais de familia
-Para ser bos esposos e esposas.
--Para facer a vida agradable ás outras.
-Para cumprir honrada e relixiosamente a profesión que lles toca desempeñar.
-Para socorrer ós outros cando os ven necesitados.
-Para pensar tanto nos demais como nelas mesmas e están sempre dispostas e atentas para botar unha man.

Esas persoas son as que brillan.
Hai persoas brillantes de tódolas idades, de tódolas clases sociais e en tódalas latitudes.
GRAZAS A ESAS PERSOAS QUE BRILLAN E FAN BRILLAR:

-Exiten as familias estables.
-Existen criaturas moi felices que medran no seo de boas familias.
-Existen persoas que se forman concienzudamente para ser útiles a elas mesmas e máis á sociedade.
-Existen maridos e esposas moi amados.
-Existen profesionais válidos e xenerosos como a copa dun pino.
-Existen anciáns moi queridos nesta etapa da vida.
-Existen enfermos que se senten moi ben atendidos.
-Existen discapacitados que se senten moi capacitados.
-Existen persoas coa vida chea de bendicións.
-Existen persoas exemplares.
-Existen persoas que celebran e viven o Nadal tódolos días das súas vidas.
SON AS PERSOAS QUE MANTEÑEN VIVA A ESPERANZA DUN MUNDO MELLOR.
Ese é o Nadal que queremos aínda que neste momento teñamos que celebralo na distancia.

¡SANTO NADAL PARA TODOS!

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por tanto que deixa dado e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES